viernes, 8 de febrero de 2013

Programa Entroido O Grove 2013

Entroido O Grove 2013
 
XOVES, 7 DE FEBREIRO
Xoves de Comadres
21.00 h | Concentración nas portas da Casa do Concello para saír cara ao restaurante.
22.00 h | Cea das Comadres en Casa Campaña As reservas faranse no propio restaurante. O prezo do prato é de 30 euros.
VENRES, 8 DE FEBREIRO
Venres de Compadres
21.00 h | Concentración nas portas da Casa do Concello para saír cara ao restaurante.
22.00 h | Cea dos Compadres no Restaurante Don Mexilón. As reservas faranse no propio restaurante. O prezo do prato é de 30 euros.
SÁBADO, 9 DE FEBREIRO
Festival de Comparsas
21.00 h | Comezo do Festival de Comparsas Concello do Grove 2013 no pavillón dos deportes do Monte da Vila. Contará coa actuación especial de Daani Cornes. Venda de entradas desde as 16.30 h no mesmo pavillón. Prezo: 5 euros.
 
DOMINGO, 10 DE FEBREIRO
Festival Infantil de disfraces
17.00 h | No pavillón de deportes do Monte da Vila: discoteca móbil con Javi Solla, globoflexia, galdrupadas e moita troula para que a xente miúda viva o Entroido a tope. Entrada de balde.

MARTES, 12 DE FEBREIRO
Gran Marcha do Entroido Meco
15.30 h | Inscrición dos disfraces nas portas da Casa do Concello (obrigatoria para optar a premio).
16.30 h | Concentración dos disfraces na praza do Corgo.
17.00 h | Inicio do desfile polo Sambódromo Meco: O Corgo, Beiramar, Luís Casais, Castelao, Rúa da Praza e Luís Seoane. É obrigatorio darlle un mínimo de dúas voltas ao percorrido deseñado para optar a premio.
 
VENRES, 15 DE FEBREIRO
Gran Enterro de Dona Sardiña Meca
Instalación da capela ardente na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
20.00 h | Gran comitiva fúnebre para a condución da finada desde a casa da cultura, que pasará polas rúas do Grove ata chegar a explanada do Corgo, onde será incinerada a defunta.
SÁBADO, 16 DE FEBREIRO
Concentración de Choqueiros en San Vicente
16.30 h-20.00 h | Actuacións das comparsas e queima do vimbio no lugar da Area, San Vicente
DOMINGO, 17 DE FEBREIRO
Comparsas en San Vicente
12.30 h | Recital de comparsas na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, San Vicente
ORGANIZAN:
Ilmo. Concello do Grove
Concellería de Cultura
COLABORAN:
Asociación Roza do Pedrol
Asociación As Besadas