lunes, 11 de febrero de 2013

Programa Imos de Excursión en Galicia

"Imos de excursión" oferta 19 viaxes e máis de 1.500 prazas ao longo do 2013
 
Imos de excursión ofrece en 2013 un total de nove excursións e de dez viaxes de varios días.
Son ata 1.540 prazas dispoñibles, 990 para as excursións diarias e 550 para as demais.
  Na excursións diarias, o máximo de participantes establécese en 110 persoas, mentres que nas viaxes o límite fíxase en 55.
A inscrición mínima para que se realicen será de 35 persoas.
 
O Concello de Santiago promove este programa coa colaboración de Pontetur, Neotravel e de Caldaria. Asume os gastos derivados da difusión de carteis, traballos de inscrición e información nos centros e o custo do seguro da excursión Nadal en Portugal, que organiza directamente o Departamento de Centros Socioculturais.
 
O programa Imos de excursión desenvólvese en sábados, domingos e pontes festivas.
Está destinado ao público en xeral, agás as viaxes termais, nas que é preciso ser maior de idade; a de Nadal en Portugal, pensada especialmente para xente maior de 55 anos; ou a excursión de aventura en Asturias, que é para maiores de 14 anos.
O prezo que paga o participante inclúe, no caso das viaxes os gastos derivados de seguro, transporte, pensión completa e servizo de guía.
Nas excursións o prezo comprende igualmente transporte, seguro, servizo de guía e xantar.