miércoles, 20 de febrero de 2013

VilamarINnova Hoteis 3.0

Que é VilamarINnova?

Maña xoves 21 de febreiro levarase a cabo a 2ª edición de VilamarINnova baixo o título "Hoteis 3.0: tecnoloxía e turismo sustentable" a cargo, entreoutros, das empresas Abertal e Energylab.
 

O acto estará composto por 3 relatorios dende as 10 da mañá ata as 14:30 horas, deixando un breve descanso cun coffee break. Ao remate haberá espazo para unha rolda de preguntas.
 
 
 
Este evento está organizado polo alumnado do segundo curso do C.S. en Xestión de Aloxamentos turísticos, contando coa participación dos alumnos de primeiro do mesmo ciclo

 
VilamarINnova é unha actividade promovidapolo centro e destinada a difundir os últimos avances, especialmente no eido da tecnoloxía, entre os profesionais do sector.
 
Despois do éxito da primeira edición no 2012,este ano celebrarase a segunda edición,organizada polos alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos.
 
Por que vir a VilamarINnova?
 
O sector do turismo é dinámico e atópase en constante cambio.
 
O desenvolvemento das novastecnoloxías aplicadas aoturismo é moi rápido.
 
É importante para osprofesionais do sector manterse actualizados en todo momento.
 
VilamarINnova trae a profesionais do sector cunhalonga traxectoria e que ofertan unha formación de alto nivel,tanto para o alumnado como para os directivos ouprofesionais do sector.
 
 Turis-Tic
No 2012 celebrouse un Turis-Tic, consistente en auditorías de impacto para empresas do sector hosteleiro.Este seminario xa foi desenvolvidoen outras cidades por diferentes organismos.o“Estás en internet…logo existes”oTuris-Tic ofrece aos empresarios do ámbito turístico as ferramentas necesarias para queoptimicen os recursos de comunicación e melloren a súa promoción e comercialización a través de internet.
 
 
VilamarINnova 2013:Hoteis 3.0: tecnoloxía e turismo sustentable
Expoñeránse os seguintes relatorios:o“Como sobrevivir na selva do turismo, un xeito de vida”. A cargo de D. Manuel Pan Collazoo“Oportunidades de eficiencia enerxética en instalacións hoteleiras e o seu financiamento(Energylab)”. A cargo de D. Perdro Luis Gómez Abaloo“Usos turísticos e solo rústico. Perspectiva urbanística”. A cargo de Dna Carmen Rodríguez Andrade
 
Haberá un coffe- break elaborado e servido polos alumnos/as do Ciclo Superior de Servicios.Ao remate do ciclo dos relatorios ofreceránse uns aperitivos elaborados polos alumnos/as do Ciclo Medio de Cociña.Posteriormente levarase a cabo un xantar networking entre os asistentes e os alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos, organizadores do evento. Este xantarestará elaborada polos alumnos/as do Ciclo Medio de Cociña e Ciclo Medio de Panadería e Pastelería e servida polos alumnos/as de Ciclo Medio de Servicios.