viernes, 22 de marzo de 2013

Premios deporte galego 2012

PREMIOS ANUAIS DO DEPORTE GALEGO TEMPADA 2011/12
El Edificio Multiusos de la Xunta de Galicia de Lugo albergó la ceremonia de entrega de los Premios Deporte Galego 2012 en el que Alberto Núñez Feijoo, presidente autonómico, ejerció de anfitrión.

El listado completo de premiados es el siguiente:

Mellor deportista feminina (ex aecuo) Támara Echegoyen Domínguez e Sofía Toro Prieto-Puga (vela) O 11 de agosto de 2012, ás 17:35h, Támara e Sofía, formando equipo coa asturiana Ángela Pumariega, acadaron a primeira medalla olímpica feminina para Galicia. O primeiro posto na clase Elliot 6M nos Xogos olímpicos de Londres 2012 culmina o intenso traballo desenvolvido polas deportistas e por todo o seu equipo.

Mellor deportista feminina con discapacidade María Victoria Alonso Vilariño (baloncesto) Xogadora do Amfiv, equipo participante na liga open (xogadores e xogadoras) de División de honra de baloncesto en cadeira de rodas. Xogou a Copa de SM El Rey. Forma parte da Selección española feminina que, no ano 2012, obtivo o 5º posto no Campionato de Europa, sendo Victoria a máxima anotadora do torneo.

Mellor deportista masculino David Cal Figueroa (piragüismo) Logo das medallas de ouro (C1 1000m) e prata (C1 500m) obtidas nos Xogos olímpicos de Atenas 2004, e das dúas medallas de prata (C1 1000m e C1 500m) obtidas nos de Pequín 2008, David converteuse no mellor deportista olímpico español ao sumar, coa prata (C1 1000m) obtida en Londres 2012, a súa 5ª medalla olímpica.

Mellor deportista masculino con discapacidade Sebastián Rodríguez Veloso (natación) Con dúas medallas de prata (50m e 200m estilo libre) e 1 de bronce (100m estilo libre), "Chano" é o deportista galego que obtivo máis medallas nos Xogos paralímpicos de Londres 2012. Con estas tres suma xa 16 medallas nas súas catro participacións en xogos paralímpicos.

Mellor equipo feminino C.R.A.T. A Coruña (rugby) O Club rugby arquitectura técnica de A Coruña acadou o 2º posto na liga 2011/12 de División de honra do rugby feminino, o que supón un relevante mérito para o deporte de Galicia. Ademais esta entidade, xa consolidada entre as mellores de España, achega regularmente xogadoras galegas á Selección española feminina de rugby.

Mellor equipo masculino Club deportivo Lugo (fútbol) Foi na tempada 1992/93 cando o CD Lugo participou por última vez na 2ª división do fútbol español. 20 anos despois, e logo de seis tempadas consecutivas intentando o ascenso dende a 2ª división B, no ano 2012 acadaron un histórico ascenso á 2ª A, mostrando ademais un nivel de xogo recoñecido por todo o fútbol español.

Mellor equipo de deportistas con discapacidade Selección galega de tenis en cadeira de rodas (tenis) A Federación galega de tenis desprazou ao Campionato de España a un equipo con deportistas xa consolidados no tenis nacional e internacional. A Selección galega de tenis en cadeira de rodas obtivo un segundo posto que pon en valor os anos de adestramento de grandes deportistas galegos como Juan Guitiérrez, Álvaro Illobre e Martín Varela.

Mellor entidade na promoción da actividade física e o deporte de base Club Hockey Barrocás (hockey herba) Creado no seno do coñecido barrio ourensá de Barrocás, esta entidade desenvolve un modelo de formación deportiva exemplar. O seu destacado traballo coa canteira garante a achega de xogadores ao primeiro equipo, que participa nas competicións nacionais máis relevantes. Xa implantado en toda a cidade, conta con seis escolas deportivas cui principal obxectivo é formar persoas para o deporte e para a vida.

Mellor centro educativo na promoción do deporte en idade escolar CPI Dr. López Suárez de Friol Este colexio público destacou no ano 2012 polo desenvolvemento de diferentes programas dirixidos ao fomento do deporte entre o seu alumnado. A súa implicación no programa XOGADE da Secretaría xeral para o deporte, e nas accións vinculadas co deporte do programa PROXECTA da Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convérteno nun dos colexios de Galicia con maior participación do alumnado en programas deportivos interdisciplinares.

Mellor adestrador Jesús Tomás Morlán Fariña (piragüismo) No ano 2012 foi protagonista no fito de que un deportista español obtivera unha 5ª medalla olímpica. Dende 1996 dirixe con mestría os adestramentos do mellor deportista olímpico español. Un proceso de adestramento orientado ás citas internacionais máis relevantes e a disciplina constante en cada sesión de adestramento, son os piares básicos dos resultados acadados e tamén son a garantía dos futuros.

Mellor árbitro Carlos Cortés Rey (baloncesto) Árbitro internacional dende o ano 2010, árbitro da Liga ACB e seleccionado por dúas ocasións para a Copa de SM El Rey. Consolidouse no 2012 coa participación na Euroliga, sendo o único español seleccionado como nova incorporación.

Mellor labor informativo Faro de Vigo O suplemento "Campeones", publicado cada mércores no Faro de Vigo, ofrece unha ampla cobertura a todo o deporte de base de Vigo e a súa comarca. Convértese así no “altavoz” de todas as modalidades que conforman unha rica oferta deportiva.

Mellor evento deportivo Vuelta ciclista a España (ciclismo) As 5 etapas galegas convertéronse no evento deportivo de maior impacto do ano 2012 en Galicia. Grazas á cobertura da televisión a carreira foi seguida por centos de miles de persoas que puideron ver espectaculares imaxes que promocionan, da mellor maneira, o atractivo único da orografía galega.

Patrocinio deportivo Mecalia energy systems O compromiso desta empresa co deporte reflíctese na camiseta de varios clubs deportivos galegos. Destaca o seu decidido apoio ao deporte feminino, visualizado principalmente no equipo de traíñas SD Rías Baixas e no Atlético Guardés de balonmán.

Revelación Ana Peleteiro Brión (atletismo) O seu primeiro posto en triplo salto, batendo o récord de Europa júnior con 14,17m, no Campionato do Mundo júnior de 2012 afianzou a esta ribeirense como unha das máis firmes promesas do atletismo español. Posúe os récord de España en triplo salto nas categorías xuvenil, júnior e promesa. Foi elixida pola Real federación española de atletismo como mellor atleta júnior do ano 2012 e nomeada pola Federación europea como 5ª mellor atleta revelación.

Concello co mellor labor na promoción da actividade física e o deporte Concello de Vilalba As mais de 30 competicións organizadas no ano 2012 e as 25 escolas deportivas municipais avalan o compromiso coa actividade física e deportiva deste concello galego.

Galicia saudable Eurocidade Tui-Valença Iniciativa pioneira de cooperación transfronteriza co obxectivo de mellorar a saúde dos seu cidadáns a través da promoción da práctica de actividade física. A Eurocidade Tui-Valença desenvolve 13 programas específicos para promover entre os seus cidadáns a práctica do deporte.

Mención Especial Asociación galega do xogo popular e tradicional Polo seu compromiso na promoción do galego a través da divulgación e da práctica dos xogos e deportes populares e tradicionais de Galicia.