lunes, 1 de abril de 2013

De pinchos por A pobra do Caramiñal

V CONCURSO DE TAPAS. DESTAPATE DE A POBRA DO CARAMIÑAL

Unha boa excusa para acercarse a coñecer esta poboación de O Barbanza.

 
Xa está en vigor a edición deste ano en Pobra do Caramiñal que comezou en Semana Santa e rematará o último fin de semana de abril, agás os días de semana santa, despois será todos os fins de semana do mes de abril. Por cada tapa que se tome nun establecemento sellarase un vale e cando se teñan 5 diferentes, agasallaráse cunha gorra.
 
Ademais haberá sorteos semanais que constarán de lotes de productos de conservas, viaxe en catamarán,, cheques regalo de 50€ para gastar nos establecementos e unha noite nunha casa de turismo rural.
 
Os sorteos celebraranse cada luns, nun establecemento diferente e serán públicos.
 
O prezo de cada tapa será de 1,50€
 
Hai establecementos que cambiaran a tapa diariamente e outros semanalmente
Os establecementos adheridos son: A Terraza de Chicolino,   Bar Alameda, Bar Anduriña, Barlovento, Bar Caramiñas, Bar Curotiña, El Museo, A Franquiña, O’Galeon, Restaurante Cabío, Restaurante O’Castelo, A Tertulia, Bar 4,20, Restaurante Torre Xunqueiras, Restaurante O’Xeitoso, O’Agro do Vento, New York, Restaurante Mª Castaña, Bar "La Calle">, Restaurante Campiño
En cada establecemento haberá un cartel identificativo de que é participante, e ao mesmo tempo repartiranse dípticos e roteiros cos nomes dos establecementos participantes, o nome da tapa e o prezo, así como o teléfono do establecemento.

Se vos queda tempo disfruta do Turismo en Pobra do Caramiñal