martes, 2 de abril de 2013

Feria antigüedades Sarria 2013

II Feira de Antigüidades da Eurorrexión - XVIII Feira San Lázaro


Datas: 4, 6 e 7 de abril de 2013.

Horario: de 11:00h a 20:00h.

Lugar: Rúa do Porvir e Rúa Marqués de Ugena.


O Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración do Concello de Sarria que está a desenvolver o proxecto Eixo Interior, organiza por segundo ano consecutivo a II Feira de Antigüidades da Eurorrexión - XVIII Feira de San Lázaro
A feira é un mercado urbano que engloba coleccionismo e antigüidades que conta con 7 expositores locais e 12 expositores de distintas localidades da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
Haberá unha caseta do Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración que contará coa participación e colaboración do Centro de Produtos Tradicionais do Barco de Valdeorras, e do Centro de Mercados Tradicionais de Barcelos (Portugal), todos eles integrantes do Eixo Interior; desde o que se brindará información dos centros así como información turística aos visitantes.
Ofreceránse actividades culturais e artísticas, complementándose estas con oferta gastronómica