domingo, 14 de abril de 2013

Feria Arzúa vende 2013

O Concello de Arzúa organiza para o sábado 25 de maio de 2013 a segunda feira de artigos de segunda man e artesanía; a cita, que leva o nome de “Arzúa Vende”, repite neste ano despois do éxito de participación e de vendas acadado no 2012, data de nacemento do proxeto.
O evento continuará co obxectivo de convertirse nun marco de compra e venda para os veciños e veciñas de Arzúa así como tamén para a xente de fóra que poderán dar saída ou mercar artigos de segunda man ou obxetos de artesanía.
A cita mantén a esencia do ano pasado, así mantense o horario que será de once da mañá a oito do serán, realizarase no Recinto Feiral Terra do Queixo e ofertará actividades e servizos complementarios como obradoiros, exposicións, actuacións e actividades infantís.
Ademais, cabe salientar que, de novo, tanto as inscricións para expositores como a entrada ao público e participación nas actividades serán de balde. Ao mesmo tempo, “Arzúa Vende” traerá novidades: sorteos de agasallos entre todos os asistentes, un inchable gratuíto para os máis pequenos e tres zonas diferenciadas no espazo feiral: artigos de segunda man e artesanía, roupa, calzado e complementos

De interés : Alojamiento en Arzúa