miércoles, 24 de abril de 2013

Hotel Monte Blanco presenta Andando por Bergantiños

Hotel Monte Blanco colabora na publicación "Andando por Bergantiños"

O Instituto de Estudos Bergantiñáns presentará o seu caderno de “Andando por Bergantiños” nº 14

Data: xoves 26 de abril

Hora: 18.00 h

Lugar: Hotel Monte Blanco en Neaño

Na publicación descríbese a ruta a pé desde a capela do Briño ata a praia da Urixeira, que atravesa as parroquias cabanesas de Borneiro, Cánduas e Cesullas.

Ao longo do itinerario fanse seis paradas: Capela das Virtudes e do Carme do Briño, dolmen de Dombate, castro “A Cidá” de Borneiro, o rego dos Muíños, un obradoiro de carpintería de ribeira e a enseada da Insua.

A publicación foi elaborada polos membros do Instituto: Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Antón García Losada e Luís Giadás Álvarez, e patrocinada pola propia asociación e polo Hotel Monte Blanco.

O sábado día 27 de abril levarase a cabo a ruta, na que se sumarán como guías, ademais dos autores do caderno, Angel Eiroa e José Luis Rabuñal Patiño.

As prazas do autobús que transportará aos asistentes desde Carballo ata o inicio do percorrido xa están completas aínda que desde o Hotel Monte Blanco facilitamos medios de transporte alternativos e contamos cunha oferta específica para este evento.