martes, 30 de abril de 2013

Programa Festa Maios Ourense 2013

Presentadas as actividades para a Festa dos Maios, o domingo, día 5, na rúa do Paseo


A concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, presentou esta mañá ás actividades correspondentes á Festa dos Maios, o vindeiro domingo 5 de maio. Os Maios corresponden a unha destacada parada dentro do Ciclo Festivo Ourensán, que en Ourense cultiva unha forte tradición. Desde o ano 2001, esta celebración é Festa de Galicia de Interese Turístico.

Na presentación, a concelleira estivo acompañada polos técnicos de Cultura, María Díaz e Manuel Freire, que detallaron o programa previsto para o domingo. O orzamento de actividades suma aproximadamente 3.000 € que se adican sobre todo ao pagamento das actuacións. A maiores están os 11.000 € destinados á remuneración dos premios nas distintas categorías do concurso: maio artístico, enxebre, escolar e coplas.

Desde ás 11.00 h do domingo día 5, as rúas Lamas Carvajal e Paseo se vestirán de gala coa chegada dos Maios elaborados para a ocasión. De momento 12 son os Maios inscritos, aínda que este ano espérase superar a número doutras edicións: 21 inscritos no 2012.


Programa: Domingo, 5 de maio
11.00 Chegada dos Maios Lamas Carvajal ¿ Rúa do Paseo


12.00 Animación musical "Gomes Mouro"


12.00 Comezo do canto das coplas ao pé dos Maios


12.00-14.00 Obradoiro: elaboración do Maio tradicional conxunto. Lugar: Xardíns Padre Feijoo


12.00 Concerto da Banda Municipal de Música de Ourense Lugar: Praza Maior


17.30 Animación musical "Gomes Mouro" Lugar: Xardíns Padre Feijoo


A continuación, entrega de premios do Concurso de Maios e Coplas 2013


6ª Exposición fotográfica "Maios na Memoria" nos Xardíns Padre Feijoo