sábado, 27 de abril de 2013

Semana da danza Lugo 2013

II SEMANA DA DANZA DE LUGO -24 AO 30 DE ABRIL 2013

DANZA NAS RÚAS DE LUGO: membros da Escola Municipal de Música e o Obradoiro de Danza e Percusión da cidade de Lugo percorrerán as rúas da cidade. O Conservatorio de Danza ocupouse de ensinar unha pequena coreografía ós profesores de música e educación física dos IES lucenses así coma a outros profesionais da ensinanza de danza na cidade de Lugo, estes profesores transmitirán a peza aos seus alumnos co obxectivo de bailar todos xuntos nas rúas de Lugo.

O obradoiro de percusión é preparado polo percusionista Diego Ventoso cos alumnos de percusión do Conservatorio Profesional de Música de Lugo, da Escola Municipal de Música de Lugo e do Centro de Música Profesional de Fingoi. O espectáculo realizarase a modo de pasacalles  cun recorrido polo centro de Lugo con música en directo.

12.00 saída dende a Praza do Concello.
CINEMATIC COUNTERPOINT: Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio de Danza de Lugo, In Black Cage Ensemble.e Xacobe Meléndrez (proxeccións).

20.30h no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.