lunes, 15 de abril de 2013

Surf-Camp Lugo A Mariña 2013

Galicia capital del Surf Mayo 2013
 
A terceira edición do Surf Camp, que organiza a Diputación de Lugo, reunirá entre os días 3 e 5 de maio en diversas playas de A Mariña a alguns dos mellores surfistas de Europa.
 
O Surf-Camp reunirá unha vez máis á elite de toda Europa desta modalidade deportiva, o que converterá á Mariña na capital do surf durante a primeira fin de semana de maio. Un total de 18 dos mellores surfistas europeos teñen confirmado a día de hoxe a súa participación nas xornadas, durante as que ensinarán, de xeito totalmente gratuíto, a todo aquel que o queira as súas técnicas e coñecementos. Repiten figuras como Gony Zubizarreta, Aritz Aramburu, Kepa Acero, Hodei Collazo, Adur Letamendia, Indar Unanue ou Pablo Solar, e incorpóranse outras, como Mario Azurza, Jonathan González ou Guillermo Alonso.
 
Haberá tamén representantes da Federación Española de Surf e de medios especializados neste deporte, como www.fuelsurf.tv; www.surflimit.com; www.costasurf.com; www.aremojo.com ou www.cervezasalada.com atraídos polo número de surfistas do máis alto nivel que se concentrarán na Mariña. Se ben Galicia acolle campionatos de nivel, esta é a única ocasión na que calquera poderá surfear da man de profesionais destacados e recibir as súas ensinanzas, polo que se trata dun evento único na comunidade galega.
 
Propostas para toda a familia
As xornadas do Km0 Surf-Camp inclúen actividades libres e gratuítas pensadas para toda a familia, como paseos en skate eléctrico, segway, longskate, exhibicións e música.
 
A programación é a seguinte:
Venres, 3 de maio: Tralo acto de inauguración ás 19:00 horas no porto de Rinlo, terá lugar cunha exhibición de skate nesta mesma localización.
Sábado, 4 de maio: A xornada arrancará ás 11:00 horas cunha expression session de surf nos areais de Barreiros, e ás 14:30 horas terá lugar unha comida popular na praia. Pola tarde, a partir das 16:30 horas, as actividades continuarán no paseo marítimo de Viveiro, cun simulador de surf, e percorridos en skate eléctrico, segway e longskate. Dende as 16:30 tamén haberá exhibicións de surf nas praias de Barreiros. As 00.00 terá lugar un concerto do grupo vivariense Sunday Morning Club no pub TRES60 de Ribado.
Domingo, 5 de maio: Entre as 12:00 e as 14:00 horas, os mellores surfistas de Europa, acompañados de monitores, ensinarán a surcar as olas a todos aqueles que o desexen na praia focense da Rapadoira.
 
Ós interesados en facer surf que non teñan material, prestaráselles de balde todo o que necesiten. Para elo, teñen que facer as reservas chamando ó número de teléfono 982-12-00-64.
 
As persoas que queiran máis información poden dirixirse á páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org ; á web do certame http://km0surfcamp.deputacionlugo.org ; ó Twitter, @surfcamplugo; ou ó Facebook facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo