martes, 21 de mayo de 2013

Encontro Muxía Calatayud

Os días 24 a 26 de maio, producirase en Muxía o I PRIMEIRO ENCONTRO MUXÍA-CALATAYUD, un evento turístico co obxectivo de recuperar a vinculación histórica entre os dous municipios, tendo como punto de unión os secadeiros de congro de Muxía .
 
Nas datas sinaladas desprazaránse ata Muxía un amplo número de asociacións de Calatayud que traerán unha mostra do seu folclore e gastronomía, da que é prato estrela os garavanzos á bilbilitana, preparados con congro curado muxián. caltayud Muxía e Calatayud están unidas por algo emblemático como é o congro seco.
 
Tras este peixe curado artesanalmente en Muxía, e degustado como prato típico en Calatayud, atópase unha razón histórica. Antigamente en Calatayud manufacturábanse cordas para barcos que posteriormente poñían rumbo aos distintos portos para comercializalas.
 
Estas cordas pagabanse en especie con congro curado. Por iste motivo, este peixe está tremendamente arraigado na cultura culinaria da zona. Hoxe é Muxía o único lugar onde se conserva o sistema artesanal de secado do congro, que logo é exportado a lugares de España e de todo o mundo. Por iso podemos afirmar que o congro emblemático da cociña bilbilitana é o congro de Muxía.
 
Dende os dous concellos preparouse un programa de actividades que se poderán disfrutar durante os días do encontro, o Concello muxián ofrecerá aos visitantes rutas guiadas, unha visita guiada aos secadeiros, degustación gastronómica , folclore e arte.