martes, 21 de mayo de 2013

Galicia on the Road

Os presentamos la iniciativa musical Galicia on the Road

Un espectáculo único que reúne nunha noite de festa a mellor música actual de Galicia. Música e cultura para todas e todos!
Un programa de circuíto de concertos para incluír na programación das festas
Duración: catro horas e media
Lugar: concellos de toda Galicia
Entrada: de balde

No Galicia on the Road atopamos un auténtico Dream Team do panorama musical actual galego. Bandas punteiras nos seus respectivos estilos, sen complexos e dispostas a rachar con todo!
Quen solicite unha parada do Galicia on the Road na súa vila poderá escoller catro bandas de entre as seguintes para conformar o seu propio espectáculo: Niño y Pistola, Dios Ke Te Crew, Novedades Carminha, O Sonoro Maxín, Terbutalina, Falperrys, The Cornelius, Holywater, Sés, Dakidarría, Familia Caamagno, Igloo... O mellor do mellor

Galicia on the Road está listo para comezar a súa viaxe. As nosas paradas serán as vilas que queiran renovar a programación cultural das súas festas.
A flexibilidade do evento permitirá adaptalo aos diferentes espazos onde, tradicionalmente, se celebran as festas en cada vila. O Galicia on the Road achegará a todo o mundo un novo concepto de festa!

web: Galicia on the Road