viernes, 17 de mayo de 2013

Inaguración Festival Xardíns Allariz

Hoxe venres, 17 de maio, Allariz inaugura o cuarto Festival Internacional de Xardíns de Allariz
 
Ás 19:30h abrirá as súas portas a edición adicada á beleza que inspira Allariz.

Doce xardíns efémeros deseñados por artistas galegos e estatais, de Portugal, Holanda, Brasil, Francia e Austria compoñen o festival de xardíns 2013; unha mestura entre arquitectura e paisaxismo que mostrará os encantos e a beleza de Allariz.

A edición 2013 presenta varias novidades como a incorporación de pezas de arte no recinto de artistas locais como Xaime Piñeiro, Luis Pachón ou Ross Angell e galegos como Álvaro de la Vega, Juan Lomarti, Antón de Buciños, Acisclo Novo, Xosé Lois Carreira, Marcos Escudero, Emiliano García-Valenciano, Francisco Escudero, Manuel Patinha e José Paz.

A entrada estará protagonizada por unha combinación de pedra e auga que terá vocación permanente, composta por unha lámina de auga coas columnas en pedra “que tanto identifican a Allariz”, explicaba Francisco García.