sábado, 18 de mayo de 2013

Mercado de Artesanía Allariz 2013

O Patio do Museo do Coiro acolle dende o 17 ao 19 de maio o Mercado de Artesanía organizado pola Asociación de Artesáns de Allariz e o Concello.

O visitante atopará arte en cerámica, Madeira, pedra, tecido, metais ou coiro, entre outros…creado por artistas e artesáns de Allariz.

O horario de apertura do mercado é ininterrompido dende ás 11:00 ata as 21:00h.

Obradoiro para nen@s

Ademais dos postos de venda os nenos e nenas poderán aprender divertíndose no obradoiro infantil de gravado, que terá lugar o sábado 18 de 17:00 a 19:00h. Cota de inscrición 2€.