jueves, 2 de mayo de 2013

Participa en el MexilOnseTuits 2013

 

Dende a organización de MexilOnseTuits animan a participar e nos comunican que este domingo pecha o prazo para inscribir as candidaturas á edición deste ano. Se estades interesados en participar e aínda non o fixestes, dádevos présa!! non queda moito tempo:)
Cabe lembrar que se poden presentar axencias de publicidade, blogs, traballos de video e campañas que teñades feito a través das redes sociais, sempre que foran realizados no ano 2012. O xurado do festival valorará os traballos e dos seus votos sairán os tres finalistas de cada categoría, que terán entrada de balde ó festival. Somentes no transcurso da gala o día 2 de xuño en Bueu se dirá o nome dos gañadores, e terán un tempo para presentalo ante o público asistente.

Para participar como público o prazo segue estando aberto, os 15 euros do coste da entrada dan dereito a comida de networking e degustación dos productos galegos participantes, así como ás actividades complementarias.
Toda a información a tedes na páxina web:
www.festivalsocialmediadegalicia.com