sábado, 29 de junio de 2013

Asalto o Castelo de Vimianzo 2013

O Asalto o Castelo de Vimianzo o 6 de xullo de 2013

Con moitas novedades neste ano.

O Asaltiño
Un gran toque de simpatía foi dado polo xoven presentador do evento infantil máis importante do Asalto: o Asaltiño. Guille del Moral incitou aos asistentes da gala ao acto revolucionario na tarde do sábado cos xóvenes irmandiños.
 
Actividades complementarias
Unha vez máis resaltouse a importancia das actividades paralelas á propia representación, entre as que destacan:
- A III Feira Artesanal, da cal os prazos permanecen abertos para apuntarse.
- O Baile Galego exposto na vila ó longo do sábado.
- Actividades Deportivas, como a xa famosa exhibición de Tiro con Arco.
- Os Obradoiros Infantís.
- As Actividades de Rúa: actuación do clown Rudi Dudi.
- Circuíto Musical por todos os recunchos de Vimianzo.
- Procesión da Santa Compaña Irmandiña na noite do xoves.
- O Izado da Bandeira Irmandiña ás 19h do sábado na praza, un dos actos máis revolucionarios da fin de semana.
- A Poxa de Escravos.
- Castelo Vivo: mostra de artesanía durante todo o verán e o domingo do Asalto, espectáculo teatral da man dos Quinquilláns.
- Os VI Pinchos Irmandiños, este ano realizados por 17 bares da vila.
- A IV Cea Medieval nun escenario inmellorable: o foso do castelo.
 
Actividades recentes
Para amosar o empeño co que se organiza este evento melloráronse as actividades xa existentes e organizáronse outras do mesmo interese:
- Pasarela de Traxes Medievais: a parte dos traxes oficiais, búscase organizar un desfile de moda medieval no que persoas amosen os seus deseños. Quen estea interesado non ten máis que porse en contacto ca organización.
- I Concurso de Fachadas co fin de mellorar a decoración da vila.
- Poxa do Ariete: incluída dentro da Poxa de Escravos, ten como finalidade abrir ao mundo un dos momentos máis emotivos da Representación: a entrada do ariete no castelo.
- Sesión Vermú a cargo da Charanga Alvariza.
 
Cartel oficial para a noite do sábado
O festival será aberto ás 22.30h por Luar na Lubre. Á volta de asaltalo castelo a celebración comezará con Los Fulanos, seguida por Le Magnifique Bande dos Homes sen Medo e Residuos Atractivas para dar o punto final á gran noite.