miércoles, 26 de junio de 2013

Excursión Terras de Auga e Cultura en Lugo

O domingo 30 de xuño celebrarase a segunda excursión dentro do plan turístico Terras da Auga e Cultura

                                  
Os interesados poderán inscribirse ata o sábado 29 ás 14.00 horas na Oficina Municipal de Lugo ou na Concellería de Cultura

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 29 para a segunda excursión organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo 30 de xuño.

Esta segunda visita guiada levará aos participantes a Rábade, onde poderán participar nunha visita guiada á Casa das Insuas e logo facer un fermoso roteiro cicular a carón do río dunha hora e media de duración. É un camiño suave, polo que non entraña dificultade e está adecuado para todos os públicos. Resultará moi interesante para os amantes da natureza, porque poderase descubrir a fauna e a flora das ribeiras do Miño.

Despois do xantar, visitaranse os puntos de maior interese do Concello de Rábade.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (altura Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos. Pódese levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e para a deste domingo, os interesados poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 29 de xuño a través do 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).