lunes, 3 de junio de 2013

Presentación Sonrias Baixas 2013

Presentación #SRB2013 Sonrias Baixas 2013

O vindeiro mércores, día 5 de xuño No Centro Cultural Nova Caixa Galicia Rúa do Vilar 19 - Santiago de Compostela.

Ás 11h30 terá lugar a rolda de Presentación do Festival SonRías Baixas 2013, coa participación de:

- Xosé Bangueses García, da Fundación Emerxe Morrazo
- Félix Juncal Novas e Andrés Lamosa Barros, alcalde e concelleiro de Cultura, Turismo, Xuventude e Innovación do Concello de Bueu
 - Gloria Ferreiro, Xefa de Programas da Radio Galega
- Jordi Lauren, Diego Fernández e Berta Domínguez, representantes da organización do SonRías Baixas

Tamén estarán presentes:
- José Ignacio García Miguel, director de marketing de Mahou para a Zona Norte
- Ana Salgado, de Novacaixagalicia
- Representantes de Rei Zentolo
- Os gañadores/as do Concurso SonRías Baixas 2013

Máis tarde, a partir das 18h30 haberá unha Festa de presentación pública no mesmo lugar con música, sorteos e algo de beber na que se presentará o merchandaising oficial do Festival.

 Convidámosvos a asistir tamén, especialmente aos reporteiros gráficos, xa que durante a festa, Rei Zentolo debuxará o photocall do Festival en directo.