domingo, 30 de junio de 2013

Visita al Castros de Santomé gratis

O Grupo Marcelo Macías, de colaboradores do Museo e Arquivo provinciais, no marco das actividades de difusión e promoción cultural que promove, vai realizar ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro, unha xeira de visitas comentadas no xacemento de Santomé.

As visitas gratuitas faranse de xoves a domingo en horario de mañá de 11,30 a 13,30 h. e de tarde, de 17,30 a 21 h. e comezarán na caseta de información do xacemento.

Pódese contactar para concertar visitas de grupo chamando aos teléfonos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense: 988223884 e 988230430.

A actividade encádrase nun proxecto de axudas a asociacións e institucións culturais para a realización de programas culturais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia. A converxencia dos valores históricos, característicos dun complexo xacemento arqueolóxico, cos naturais derivados dunha vexetación peculiar, converten este lugar de Santomé, situado a escasamente 3 quilómetros da capital da provincia de Ourense, nun espazo privilexiado no contexto da animación sociocultural.

O castro asenta nun esporón rocoso sobre o río Loña que lle serve de defensa natural polo sur e o oeste e completa o dispositivo defensivo cunha muralla, foso e terraplén. As intervencións realizadas na croa permiten contemplar un entramado artellado a partir dunha rúa central, que desemboca nun espazo máis amplo a modo de praza, resultado dun proceso de ocupación e reocupación do sector castrexo.

No poboado tardorromano escaváronse dúas unidades habitacionais, que, con lixeiras variantes, reproducen o mesmo esquema funcional, organizadas a partir dun espazo central aberto, a modo de patio con reminiscencias no adro na casa romana. Por outra parte, se engade ao valor histórico/arqueolóxico o do patrimonio natural, cunha vexetación característica da “hoya ourensá”, con gran variedade de especies, algunhas pouco frecuentes.

Máis información sobre o conxunto arqueolóxico-natural de Santomé: http://www.musarqourense.xunta.es/xacementos/santome/