viernes, 12 de julio de 2013

Autocross en Carballo

Carballo acolle o V Campionato de España de Autocross coa participación do coñecido piloto de rallys Dani Sordo
 
O Circuíto de Motor de Bértoa acolle por quinto ano consecutivo unha proba do Campionato de España de Autocross, o V Autocross Carballo que se celebra o venres 12, sábado 13 e domingo 14 de xullo. Nesta edición hai que destacar a presenza do piloto oficial de Citröen no Mundial de rallys Dani Sordo, que participa en dúas categorías: monoprazas 4×4 (División III) e Car Cross.
 
Serán un total de 73 os pilotos que participen nas cinco divisións da proba, sendo a de Car Cross a que máis participantes congrega con 38 pilotos. Respecto dos favoritos, a participación galega está encabezada polo vixente campión de España en División I, Perfecto Calviño. En División II o piloto de Pontevedra Celestino Iglesias, na segunda posición do campionato, loita pola vitoria co piloto biscaíño Arkaitz Urganda que ocupa a primeira posición do campionato.
 
A División II-A conta coa participación dos dous primeiros no campionato Iván Posado e Julio Sotelo. Na División III o mundialista Dani Sordo ten como rivais aos cinco que ocupan as primeiras posicións do campionato, encabezados polo burgalés Juan Carlos Barredo. E por último, en Car Cross, a disciplina máis espectacular, o piloto local Maikel Vilariño -terceiro no campionato- loita pola vitoria e por restarlle puntos ao actual líder Juan José Moll, ademais de enfrontarse a Dani Sordo.