viernes, 12 de julio de 2013

Espectáculo Peter Punk de humor en Moaña

Espectáculo en Moaña hoy a las 20:00 horas


Espectáculo de clown, humor e malabares para todas as idades
Venres 12 de xullo, ás 20.00 h, fronto ao palco da alameda
Trátase dun espectáculo de carácter cómico protagonizado por Peter Punk, un personaxe imaxinado chegado do país de Nunca Máis.
Coma un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta.
Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e de malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.
Durante 60 trepidantes minutos amosaranos a súa destreza con bólas, mazas, aros… fará incribles figuras de globoflexia nun tempo récord e todo isto co humor como elemento condutor. Un espectáculo multidisciplinar e cheo de alicientes para facernos pasar un bo momento.