sábado, 13 de julio de 2013

Feira franca medieval en Betanzos 2013

PROGRAMA FEIRA FRANCA MEDIEVAL BETAZOS DOS CABALEIROS
SÁBADO 13 DE XULLO
10:30 hRepenique de campás e apertura das paradas.
11:00 hApertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita
11:30 hComezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS, MALABARES e CONTACONTOS, o grupo de Teatro LA RECUA co espectáculo LOS DESTEMPLARIOS EN BUSCA DE...QUÉ?
13:30 hNa Praza da Constitución, chegada dos mouros ao mando de Yussuf Hammar para esixir á Cidade de Betanzos as doncelas que ten que entregar ao califa de Córdoba. Un pai campesiño ofrecerá a Yussuf Hammar todo o seu patrimonio a cambio de que deixe libre á súa filla e ante a negativa de Yussuf prefire matala. Entón a veciñanza de Betanzos érguese en armas contra os mouros e despois dunha fera loita conseguen derrotalos e liberar as doncelas. As mozas mouras que acompañan a Yussuf deleitaranos cunhas fermosas danzas mouras.
17:00 hApertura das paradas.
17:30 hComezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS, MALABARES, MAGOS e CONTACONTOS. O Grupo de Teatro LA RECUA cos espectáculos LAS SIAMESAS e LA EXTRAÑA FAMILIA.
18:00 hApertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita.
19:00 hActuación do grupo AZOUGUE da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e danza campesiña polas mozas colaboradoras da organización. Ao remate das danzas dará comezo a Revolución Irmandiña coa proclama do mercador Afonso de Carballido.
24:00 hNa Praza da Constitución, espectáculo de pirotecnia, zancudos, e lume por conta do Grupo de Teatro LARECUA, co AQUELARRE.
Durante todo o día haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a FEIRA o Grupo de Música ACIBREIRA, o Grupo de Teatro LA RECUA, o Grupo de Teatro VOLTA E DALLE co espectáculo do AFIADOR, o malabarista COTÉ, o mago GONZALVEZ e o anima-rúas e contacontos FAUNO. Ao longo de todo o día haberá exhibición de tiro con arco e cetraría na Praza de Santa María.
RECUNCHO INFANTIL No Cantón de Claudino Pita, dende as 11:00 h ata as 14:00 h estarán dispoñibles o RECUNCHO INFANTIL con obradoiros e xogos populares para nenos e nenas, co mesmo horario, funcionarán o TÍO VIVO,ABARCAe aCARAVANADEBURRIÑOS


DOMINGO 14 DE XULLO
10:30 hRepenique de campás e apertura das paradas.
11:00 hApertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón Claudino Pita.
11:30 hComezan a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS, MALABARES, MAGOS e CONTACONTOS. O grupo de Teatro LA RECUA co espectáculo LA VISITADE LA MARQUESA.
12:00 hNa Praza da Constitución xogos populares e tradicionais para nenos e nenas por conta dos membros da Cruz Vermella de Betanzos.
13:30 hEscena da expulsión dos leprosos que desenvolverá a xente colaboradora da organización e que rememora un feito histórico da Cidade.
17:00 hApertura das paradas.
17:30 hComezan a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS, MALABARES, MAGOS e CONTACONTOS. O grupo de Teatro LA RECUA cos espectáculos LOS ESPÍRITUS DE LA TIERRA e LA EXTRAÑA FAMILIA.
18:00 hApertura doRECUNCHOINFANTIL no Cantón de Claudino Pita.
19:30 hTorneo Medieval a cabalo na Praza dos Irmáns García Naveira con exhibición dos cabaleiros ademais de cetraría. Espectáculo de danza polas mozas colaboradoras da organización.
22:30 hNa Praza da Constitución espectáculo de teatro LA SANTA COMPAÑA, polo Grupo de Teatro LA RECUA.
24:00 hFogos artificiais no peche da XVI Feira Franca Medieval de Betanzos.
Durante todo o día haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a Feira os músicos de ACIBREIRA, ZANCUDOS E CÓMICOS do Grupo de Teatro LA RECUA, o Grupo de Teatro VOLTA E DALLE co espectáculo PECATA MINUTA, o malabarista COTÉ, o mago GONZALVEZ e o anima-rúas e contacontos FAUNO. Ao longo de todo o día haberá exhibición de tiro cn arco e cetraría na Praza de Santa María.
RECUNCHO INFANTIL No Cantón de Claudino Pita, dende as 11:00 hata as 14:00 h e das 18:00 h ata as 22:00 h estarán dispoñibles no RECUNCHO INFANTIL os obradoiros e xogos populares para nenos e nenas. Co mesmo horario funcionará o TÍO VIVO,A BARCA e a CARAVANA DE BURRIÑOS.