domingo, 21 de julio de 2013

Noite Folk Negreira 2013

Negreira sábado 17 de agosto a partir das 22:00 h.
XI NOITE FOLK

No Refuxio dos Pescadores de Covas
Actuación de Rosa Cedrón , Pandeiromus 3.0 e Ultreia
 
A noite Folk de Negreira chega este ano a súa décimoprimeira edición, unha celebración que ten a firme intención de manter viva a tradición musical da nosa comunidade con actuacións de primeiro, que atraian ó noso Concello os amantes da música tradicional.

O noso obxectivo e poder disfrutar dunha tarde/noite a beira do río, con músicas e bailes populares, tradicionais e evolucionados, na compaña de bos amigos nunha paraxe privilexiada como é o REFUXIO DOS PESCADORES DE COVAS.



Nesta edición 2013 os grupos participantes son:



Rosa Cedrón:

Esta coñecida cantante e famosa por ser a voz durante nove anos no grupo Luar na Lubre, así como en colaborar en discos de músicos como Mike Olfiend.
 

 

Pandeiromus 3.0:

Pandeiromus é un grupo de música tradicional nacido en Santiago no ano 1992. Composto nos seus diferentes etapas por un grupo de 3 a 7 membros, adicados á investigación e interpretación de música gallega de tradición oral, intentando recopilar o repertorio masculino existente.