miércoles, 24 de julio de 2013

Oenach Atlántico Narón 2013

O Oenach é un lugar de encontro da comunidade territorial, onde se fai unha recreación da vida dos antigos celtas a través da súa gastronomía, artesanía, merdadiño, un museo castrexo, música, xogos rurais e carreiras populares, recreacións parateatrais, etc… Tódalas actividades realízanse na Campa da Feira do Trece (Sedes)





PROGRAMA DO OENACH ATLÁNTICO 2013

Venres 26 de xullo:
22:30 horas: Recreación do renacemento do lume no novo solsticio, na aldea castreña.
22:45 horas: Noite de música galiciana, con instrumentos e cantigas tradicionais.


Sábado 27 de xullo:
11:00 horas: Apertura da Campa da Feira, con:

-Feira de Artesanía (con máis dunha ducia de constructores de instrumentos tradicionais musicais, xunto con outros artesáns galicianos).

-Mercadiño Aberto (con todo tipo de produtos de interese doméstico e artesán, expostos en máis de 40 postos de mostra e venta).

-Espazo lúdico (con inchables, camas elásticas, lanchiñas e xogos para nenos/as).

-Obradoiro Gastronómico (cociña en vivo de porco celta, polo de Mos, coello do monte ó espeto, e braseiro de xurelo lañado).

-Rueiro das Tres Cuncas e dos Tres Quitafames (con viños cosecheiros albariños, mencías e ribeiros, e xantares a prezos populares).
13:00 horas: Parada de Etnografía Musical na campa castrexa, co grupo “Alxibeira” do Padroado de Cultura de Narón. Mostra de traxes e danzas tradicionais.
17:00 horas: Obradoiro aberto de xogos populares.
22:30 horas: Noite do Castro (recreación teatral no Castro de Eiravedra, a cargo da Grande Compañía de Teatro Comunitario Aldeano de Sedes) e Entrega da Alfaia Castrexa a unha persoa senlleira da Terra de Trasancos.
Domingo 28 de xullo:
11:00 horas: Recreación museística viva da Aldea Castrexa, con pallozas temáticas sobre canteiría, cestería, cerámica, tecido de alto lizo, coiro, ferreiría…

Feira de Artesanía, mercadiño aberto, espazo lúdico, e rueiro gastronómico.
12:00 horas: Mostra de Cans de Palleiro, con exhibición de exemplares e adestramento.


13:00 horas: Recreación teatral na Campa da aldea castrexa.


13:30 horas: Parada da Banda Municipal de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón.


17:00 horas: Obradoiro aberto de xogos populares e rurais.


19:30 horas: Carreira popular do Castro de Eiravedra, aberta a tódalas idades (inscricións ata 30 minutos antes da carreira).


20:00 horas: Clausura do Oenach Atlántico 2013.