miércoles, 10 de julio de 2013

Ponte de Traba Noia

Visita a Ponte de Traba en Noia

Unha ponte que comunica os barrios de San Bernardo e O Couto. Restaurada e afianzada na primeira década deste século XXI, aséntase sobre a vella calzada romana Per Loca Maritima, que percorría a costa de Gallaecia dende Brácara Augusta (Braga, hoxe Portugal).
Agora conta con catro arcos de factura medieval cuns contrafortes nos piares para soportar as intensas correntes do río Traba cando vai máis cheo.
Nos seus arredores está o barrio da Pedrachán, que tamén foi restaurado case ao mesmo tempo que a ponte, e que destaca polos seus muíños e sendeiros empedrados ao pé da auga, nun renovado paseo fluvial. Os muíños contan cunha longa historia, dende que pertenceron ao conde de San Bernardo, Antonio Cortés de Mendoza e Soutomaior