sábado, 17 de agosto de 2013

A exposición Rías Baixa o viño do mar, inaugurarase o luns 19 de agosto


O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, a directora de Contidos Socioculturais da Fundación Novacaixagalicia, María Teresa Cores, e o fotógrafo Xurxo Lobato inaugurarán o vindeiro luns 19 de agosto a exposición fotográfica «Rías Baixas, o viño do mar». O acto terá lugar ás 20.30 horas no centro sociocultural da Fundación Novacaixagalicia na Coruña.

«Rías Baixas, o viño do mar» reúne unha selección de 30 fotografías do prestixioso fotógrafo coruñés Xurxo Lobato, así como dous cubos, con 8 paneis cada un, que recollen outras 40 imaxes. Todas as fotografías proceden do libro «Rías Baixas, o viño do mar», editado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas con motivo do seu 25 aniversario. A exposición poderá visitarse na Coruña ata o vindeiro 14 de setembro, de luns a sábado de 12.00 a 14.00 h e de 17:00 a 21:00 h.

Actividade
Inauguración da exposición «Rías Baixas, o viño do mar»
Data
Luns, 19 de agosto de 2013
Lugar
Centro Sociocultural da Fundación Novacaixagalicia da Coruña, Cantón Grande, s/n
Hora
20.30 h
Asistentes
Juan Gil de Araujo, presidente do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas
Xurxo Lobato, fotógrafo
María Teresa Cores, directora de Contidos Socioculturais da Fundación Novacaixagalicia