sábado, 3 de agosto de 2013

Castelo Rock Muros 2013

Hoy en Muros Festival Castelo Rock SÁBADO, 3 DE AGOSTO

Tras el éxito de la primera jornada de ayer viernes hoy sábado la programación será la siguiente:

ACTIVIDADES DE RÚA (gratuítas)
17.00 h | GRAN XOGO CASTELO ROCK | Animación para cativos/as | Curro da Praza
20.00 h | MÁSTER CLASS DE ZUMBA | Praia do Castelo
20.00 h | BTK! PERCU-LUME | Centro histórico

CONCERTOS (de pagamento) NO RECINTO DA PRAIA DO CASTELO
Apertura de portas | 21.15 h|
TRAPOS SUCIOS | Sábado, 3 de agosto | 22.30 h
O 2013 é o momento Trapos Sucios. Despois de 3 anos de traballo e de moito esforzo sae a luz o seu novo disco, Idiocracia. Traballo co que a banda trata de dar pulo áss súas enormes inquietudes que se resumen en 12 temas de temática reivindicativa, social e de actualidade contra o neoliberalismo que o mundo e as súas persoas están a sufrir. As letras traballadas e as potentes guitarras dan un paso máis combinándose perfectamente coa base rítmica e coa voz, todo pulido nos Estudios Mafia. Polo que agora é o momento de levar o traballo ao directo. Unha posta en escena chea de raiba que non deixará indiferente a ninguén.
Trapos Sucios
LENDAKARIS MUERTOS | Sábado, 3 de agosto | 00.00 h
Banda de punk procedente de Pamplona. Caracterízase por un punk ortodoxo, gran velocidade, temas moi curtos, coros continuos e letras irónicas que combinan humor e crítica para tratar temas sociais e políticos de Euskadi, Navarra e do resto de España. O nome da banda está inspirado no grupo norteamericano de hardcore punk Dead Kennedys.
Aos cinco meses de vida a banda grava a súa primeira maqueta con Iker Piedrafita, de Dikers, e publícana para descarga gratuíta na súa propia web. As continuas actuacións por gaztetxes e o boca a boca logran que haxa máis de 20.000 descargas das súas cancións. No 2005 editan unha versión renovada da demo á que engaden 11 temas novos. No 2006 editan o seu segundo disco Se habla español. No 2008 sae á venda o seu Vine, vi y me vendí. En decembro de 2009 un recompilatorio titulado Directo a los güevos gravado en directo na sala Jimmy Jazz de Vitoria. E o 29 de febreiro de 2012 publican o seu cuarto disco Crucificados por el antisistema.
Lendakaris Muertos
O’FUNK’ILLO | Sábado, 3 de agosto | 01.45 h
Procedente do planeta “aseituna”, O´funk´illo regresa á máis que embruteessía actualidade coa publicación de Sesión Golfa, cuarto CD da súa carreira. Espectacular mestura de funk por metal e bulerías na que tomaron parte, Raimundo Amador e Manuel Molina.
Con ADN xenuíno e metalizada e flamenquita denominación de orixe, tinguidos ocasionalmente de funk latino, soul-party e poesía urbana… E todo iso presidido polo seu habitual estado de guasa, pola súa natural graza á hora de escribir, que se traduce nunha explosiva e festiva exhibición de virtuosismo.
Apóstolos das cores musicais máis especiais da escena sevillana, alquimistas do funk enfuressío por excelencia. Chocar con todas e cada unha das súas cancións que despregan elegancia e magnetismo e que son concibidas para impactar a cantos acudan ás sesións golfas.
O'Funk'illo
CHOTOKOEU | Sábado, 3 de agosto | 03.30 h
Chotokoeu nace no 2007 como un grupo de amigos que compoñen os seus primeiros temas e dan algún concerto por Galicia. Aínda que a formación estaba moi verde, xa transmitía unha enerxía que facía que tanto o público como o grupo gozase durante os con­certos.
Catro anos máis tarde a banda dá un paso máis. A confianza no potencial da proposta musical e a resposta do público lánzaa a un proxecto autoxestionado. A partir deste momento establécese un calendario de concertos que os leva a ofrecer máis de 60 concertos no 2012, repartidos por Francia, Inglaterra, Bélxica, Holanda, Alemaña, Italia e España.
E pasados 5 anos de convivencia e música o grupo disponse a gravar o seu primeiro disco no que se poderán escoitar temas do 2012 e algún outro rescatado de anos anteriores. Neles amósanse a variedade de estilos característicos da banda: swing, balkan, ska, reggae, rumba, folk, funk, rock e certas variedades da electrónica como o dub, dubstep ou o drum’n’bass.
Chotokoeu
HADRI H | Sábado, 3 de agosto | 05.00 h
O Dj santiagués Hadri Hache comeza no 2005 a compartir o seu gusto pola música en diversos sound systems. No 2010 debuta no Reperkusión e repite no 2011, 2012 e 2013. Así como participa en diferentes festivais como o Millo Verde, Rebumbio e o Vibra Balboa. No 2011 traballa como Dj residente na Casa do Patín de Santiago, aínda que tamén pincha noutros locais como a Casa das Crechas, A Borriquita de Belem, O Elefante, O Pozo, O Ateneo, A Radio... ou nos coruñeses Ramallah, Garufa, Soundkilla...
Partindo da súa afección pola música xamaicana, as súas sesións viaxan por diferentes estilos como o dub, o reggae, o ska, a rumba, a mestizaxe, os balkan beats… ata chegar a sons máis electrónicos como electroswing, drum & bass, jungle, dubstep…