lunes, 12 de agosto de 2013

Conoce Ponteareas plan de visitas guiadas

Visitas guiadas polo municipio de Ponteareas no mes de Agosto de 2013

O Departamento de Cultura e Turismo do Concello de Ponteareas, que dirixe Andrés Sampedro, ten organizado varias saídas culturais, os fines de semana dos meses de xullo e agosto, dando a coñecer algúns recursos turísticos do municipio.
 
Para este mes de Agosto seguimos tendo todos os mércores visitas guiadas no Museo Municipal de Ponteareas ás 11 h. A visita ten, aproximadamente, unha hora de duración e mostra aos visitantes os fondos do Museo facendo un percorrido pola historia da nosa vila dende a época do paleolítico ata os nosos días.
 
O sábado 10 de Agosto faremos un percorrido milenario polo patrimonio ponteareán. Comezaremos ás 10 h no Castro de Troña, símbolo da cultura castrexa e despois continuaremos cara o Castelo de Sobroso, fortaleza medieval, e o Convento de Canedo, antigo pazo dos Sarmiento.
 
O sábado 17 de Agosto teremos dúas actividades. Pola mañá unha visita guiada á Igrexa románica de Angoares, antigo mosteiro beneditino e monumento único do estilo románico en Galicia. O punto de encontro será na porta da Igrexa ás 12 h. E, pola tarde, faremos outro paseo polo sendeiro do río Tea, dende a ponte de San Roque ata a ponte das Partidas e despois volta a ponte de San Roque. Esta visita será de 18 a 21 h e estará guiada por Adenco. A saída será na ponte de San Roque ás 18 h.
 
O sábado 24 de Agosto faremos unha visita ao Cemiterio Municipal de Ponteareas, onde poderemos observar o seu arte funerario. O punto de encontro será na porta do Cemiterio ás 12 h.
 
E, por último, o domingo 25 de Agosto, faremos o “Roteiro dos muíños do Couso”. Unha ruta de uns 13 km de lonxitude e onde poderemos ver os muíños restaurados e ao chegar ao cumio gozar da vista panorámica sobre o val do Tea. A saída será ás 9 h dende o Alto de Confurco.
 
Todas as actividades son gratuítas pero fai falta 10 persoas inscritas para poder facelas. Os interesados poderán inscribirse na Biblioteca Municipal de Ponteareas, chamando ao número de teléfono 986 66 16 74 ou no email turismo@ponteareas.es .