miércoles, 14 de agosto de 2013

Dolmen Fornela dos Mouros San Simón de Nande

O dolmen Fornela dos Mouros está situada na parroquia de San Simón de Nande, preto do lugar de Aprazadoiro. Este dolmen data de entre o 2500 e o 2000 antes de Cristo, presenta planta rectangular e esta formado por tres lousas verticais e unha horizontal como cuberta. Está emparentado, pola súa forma, con outros dólmenes da zona como a Casota de Freán no Concello de Vimianzo.
De altura ten 1,35 metros, por 2,57 de ancho. A pedra da cuberta mide 2,70 metros.
Os historiadores poñen en dúbida que esta construcción sexa en realidade un dolmen debido as súas reducidas dimensións e a que se atopa nun lugar pedregoso e pouco propicio para os soterramentos. Argumentan que probablemente esteamos diante dunha desas arcas megalíticas de forma cuadrada ou rectangular, con cuberta única e de feitura moi cuidada, que son un preludio do que serán as cistas de inhumación individual que aparecerán en Galicia a partires da idade do Bronce