sábado, 31 de agosto de 2013

Feira do doce, amedoado e Melindre Allariz 2013

Os golosos ten una cita este domingo día 1 de setembro en Allariz coa edición número dezaoito da Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz, cuxo obxectivo é a promoción dos produtos con denominación de orixe de Allariz: amendoados, améndoas de pico, melindres, torta real e licor, como a doutros produtos reposteiros típicos doutras localidades galegas e estatais.

O programa comezará ás 10:00h coa apertura da feira que se prolongará de xeito ininterrompido ata as 21:00h.Entre os eventos previstos destaca a celebración do III Concurso Afeccionado de Respostería, ás 11:30h, e o Obradoiro de repostería para nenos e nenas, ás 19:00h.

No encontro participarán eposteiros locais que compartirán espazo, no Paseo da Alameda de Allariz, con outras reposterías e adegas convidadas chegadas dende León, Melide, Cantabria, Mondoñedo, Cabanas, Astorga e Pobra de Trives.

Ó longo da xornada os visitantes poderán degustar doces e licores nos postos de venda