sábado, 17 de agosto de 2013

Festas en Cedeira 2013, Lugnasad e San Roque da Área


Lugnasad e San Roque da Area / Cedeira 2013

30, 31 de agosto e 1 de setembro (último fin de semana de agosto)

A fin de semana do 30 de agosto ó 1 de setembro Cedeira acolle dúas festas de gran aceptación popular.

                                        Día 30 de Agosto       

Lugnasad: Lugar de celebración: Arriba da Ponte

-Pola mañá: Montaxe postos de artesáns e mercaderes.

-A partires das 17:00 h.: Inscricións para o concurso:

Mellor figuración, roupa e complementos do Lugnasad.                                 

Día 31 de Agosto

Lugnasad

-12:00 h.: Desfile con toda a xente vestida de época e presentación dos noivos do Lugnasad de Cedeira 2013.

Avaliación dos participantes no concurso:

Mellor figuración, roupa e complementos do Lugnasad.

-17:00 h.: Xogos e actividades para nenos. Reparto de xoguetes e agasallos.

-23:00 h.: Celebración das Vodas Celtas.


Festas na honra a San Roque
(Parque do Floreal)

- Ás 12:30 h. misa solemne na honra a San Roque na igrexa María Mediadora. A continuación actuación do grupo Buxainas.

- Ás 14:00 h. sesión vermú a cargo do grupo Sonreiras.

- Ás 18:00 h. tradicional concurso de postres con premios á mellor presentación e ó mellor sabor.

-  A partir das 23:00 h. actuación dos grupos Sonreiras e Faneca´s Band.

*Tódolos actos na honra a San Roque celebraranse no parque do Floreal ó cuberto dunha gran carpa.



Día 1 de Setembro

Lugnasad

-13:00 h.: Entrega de premios do concurso:

Mellor figuración, roupa e complementos do Lugnasad.