martes, 13 de agosto de 2013

Festas en Laracha 2013

Festas en Laracha 2013
 
Edición do 14 ao 17 de agosto para honrar a Santa María de Torás, patrona da parroquia.

Durante esas catro xornadas haberá eventos para todos os públicos e a presenza de destacadas orquestras que amenizarán as sesións vermú e as verbenas nocturnas.  

O mércores 14 iniciarase o programa coa celebración, á noite, da II Festa da Xuventude, na que se contará coa actuación do grupo Os Revenidos.  

O xoves 15 de agosto os actos relixiosos consistirán na denominada Misa das Cociñeiras na igrexa vella a partir das 9 de mañá e a misa solemne na honra da Nosa Señora ás 13.30 na igrexa parroquial. Ese día celebrarase o Trofeo de Fútbol do Concello da Laracha, que será un triangular entre o Laracha C.F., a U.D. Paiosaco e o Club do Mar de Caión. Ás 20.00 horas actuará a Asociación Cultural Santa María de Torás na explanada do Instituto. A verbena nocturna será amenizada polo Combo Dominicano.  

A tradicional procesión desde a igrexa parroquial ata a capela de San Roque e San Antonio será o venres 16 a partir das 13.00 horas. Nesa data, ás 19.00 horas o artista Roi o cagabolas ofrecerá o seu show de malabares, maxia e humor e a partir das 22.00 Os Arrieros presentarán un espectáculo de teatro de rúa. A verbena será a cargo da orquestra Aché.  

As Festas da Laracha rematarán o sábado 17, data na que terá lugar o Día do Neno e contarase coa actuación da orquestra Philadelphia. Como é tradicional, haberá espectáculo de fogos de artificio.  

En todas as xornadas contarase coa Discoteca Móvil Movemento ao remate da verbena e do 15 ao 17 a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco será a encargada das dianas e alboradas desde primeiras horas da mañá.