sábado, 10 de agosto de 2013

Festival Rock' Lemos Monforte 2013


As bandas monfortinas The Poet's Silence e Perpetual Twilight compartiran escenario con Bastards on Parade, un dos grupos da escena Punk-Rock galega con raíces celtas de maior proxección, e cunha das bandas rock máis poderosas do momento, Arizona baby. Compoñen o cartel do no Rock'n Lemos Festival que, dentro da programación das Festas Patronais, se celebrará o próximo domingo 11 a partir das 22 horas no parque dos Condes.

Arizona Baby

Desde a publicación do seu disco Second to Nome en 2009, a banda vallisoletana Arizona Baby revelouse como un dos grupos máis rompedores da escena musical no Estado facéndose, nese mesmo ano, con premios de referencia como Grupo Revelación e Grupo del Año Myspace.

A axenda musical de Arizona Baby foi unha das máis intensas de 2010 cunha media de 11 actuacións mensuais en salas, teatros e festivais, sos ou compartindo cartel con Mark Knopfler, Clem Snide ou Chris Isaak. Vertixe que se mantivo en 2011, alternando as súas aparicións musicais coa alianza musical con Los Coronas para formar un extraordinario supergrupo e gravar un sólido disco que animou a xira “Dos Bandas y un Destino” e deu pé á súa posterior encarnación conxunta como o grupo revelación do ano 2012: Corizonas.

No Rock'n Lemos Arizona Baby traerá os temas do seu último EP The truth, the whole truth and nothing but the truth, onde nos ofrecen a súa  fasquía mas lírica e folk-psicodélica xunto co poderío musical das xiras anteriores.


Bastard on Parade

Bastard on Parade salienta como un dos principais grupos emerxentes da escena galega do Punk-Rock galega de inspiración celta e un dos  de maior proxección tras o seu paso polo FolkPunkRock Festival de Berlin e por algunha das principais citas musicais de España como o Derrame Rock ou Resurrection Fest... O seu álbum Tales from death shore foi catalogado coma un dos mellores discos no xénero celtic rock de 2011. En 2012, o grupo coruñes produciu o EP Shallow Waters, recoñecido outra volta como un dos mellores álbums dese ano.