miércoles, 14 de agosto de 2013

Festival Sereas e Piratas Carballo

 VIII Festival Sereas e Piratas sábado 31 de agosto en Carballo

Grupos, entradas, programa
 
A programación permanece con todas as citas previstas, e, como en anos anteriores, divídese en "festival de día", gratuíto e centrado na música, o deporte, un mercadillo e unha terraza con sesión vermú; e no "festival de noite", con actuacións a partir das 21.30 horas con acceso a través de entrada e que desta volta conta con Chucho como cabeza de cartel, un grupo que volve aos escenarios despois de oito anos e que ofrece en Razo o seu único concerto en Galicia. Pero antes de Chucho o escenario contará cos carballeses Holycrab; co grupo feminino vigués Wild Balbina; e co xa consagrado grupo carballés Franc3s, banda moi próxima ao festival, xa que é a súa terceira vez. Despois de Chucho, a música electrónica dos pontevedreses Músculo! animará o festival que pecha con Lagartija DJ.

FESTIVAL DE DÍA ( de balde )

  • 09:00 h CAMPIONATO DE SURF JUNIOR E CAMPIONATO DE SURF INTERCLUBES
  • 11:00 h II TORNEO DE VOLEI-PRAIA FESTIVAL SEREAS E PIRATAS
  • 14:00 h SESIÓN VERMÚ CON 4WAVES NA TERRAZA
  • 15:00 h COMIDITA NA TERRAZA
  • 16:00 h OPEN DE SKATE EN MINIRAMPA NAS INSTALACIÓNS DO ARTSURFCAMP
  • 20:00 h ENTREGA DE PREMIOS DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS
  • 20:00 h CLAUSURA COA EXHIBICIÓN DE CAPOEIRA
/// TERRAZA CON DJ´S DURANTE TODA A TARDE /// MERCADILLO ///

FESTIVAL DE NOITE ( con entrada )
  • 21:30 h HOLYCRAB
  • 22:15 h WILD BALBINA
  • 23:15 h FRANC3S
  • 00:30 h CHUCHO
  • 02:00 h MÚSCULO!
  • 03:15 h LAGARTIJA DJ

Entradas

                                      

5 € anticipada
8 € en taquilla


Puntos de venda:
  • Carballo: O Patacón, Belle Epoque, Dublín, A Reserva, A Fragua de Mo, Teirón.
  • Malpica: Submarino
  • Ponteceso: A Eira
  • Coruña: Portobello
  • Santiago: A Reixa tenda