martes, 13 de agosto de 2013

Museo do Humor en Fene

Museo do Humor de Fene

Sorpresa ¡¡¡¡ Fene conta cun Museo do Humor...
 
O Museo do Humor é un museo para se divertir e rir, nel poderás encontrar obras de importantes humoristas a nivel nacional e internacional que tratan os temas da maior actualidade en clave de humor xa sexa gráfica ou literariamente. É un dos do seu xénero en España e ten a súa sede na Casa da Cultura de Fene sita na Rúa Conces, 20-22. Teléfono: 981 341 451 / 981 342 400)

Na actualidade este museo amosa nas súas instalacións máis dun milleiro de orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo. Grandes
creadores como Xaquín Marín, Siro, Torres, Tomé, Chumy Chúmez, Máximo,
Vázquez, René de la Nuez, Mort Walker ou Fontanarrosa teñen o seu espazo
neste museo que salienta pola súa singularidade e por ser único dentro do
seu xénero en España.

Para visitas concertadas ou de grupos a esta instalación municipal cómpre
chamar ao teléfono 981.34.24.00 ou enviar un correo electrónico ao
enderezo do propio museo (museodohumor@gmail.com, museodohumor@fenecidadan.net).

Horario do Museo do Humor

De luns a venres
De 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:50 horas

Os sábados
De 10:00 a 13:00 horas

En períodos de vacacións escolares o horario será de 10:00 h a 14:15 horas