miércoles, 28 de agosto de 2013

Parque a Canuda Salvaterra de Miño

Un parque que consta de 35.000 m² e considérase o mellor da comarca do Condado, desde onde se pode contemplar o río Miño e a beleza paisaxística da ribeira portuguesa coa vila de Monçao.

Na Canuda pódese disfrutar da tranquilidade na beira do Miño, e recrearse na natureza observando diferentes especies de árbores, disfrutar da auga das súas fontes, como a ornamental situada en pleno centro do parque ou beber da súa fonte.

Así mesmo, o visitante pode contemplar as evolucións dos patos no estanque. A Canuda ofrece para os máis pequenos zonas de recreo como é un parque infantil e un circuito para educación vial. En paralelo a este parque discorre o paseo fluvial, un lugar excelente para pasear e acceder ó pequeno embarcadoiro.