jueves, 8 de agosto de 2013

Programa Fiestas Monforte de Lemos 2013

Programa completo das Festas Patronais 2013 - Concello de Monforte de Lemos
Domingo 11 de agosto

Desde as 15 h. até as 20 h. Xogos de río. No río Cabe, a Deputación de Lugo organiza os xogos de río, actividades acuáticas que animarán o domingo con: Paddle surf, sea scooter, bólas acuáticas, canoas e patinetes acuáticos.

20.30 h. Pregón das Festas Patronais. Na Casa do Concello. o monfortino don Ramón Casanova lerá o pregón das festas de 2013.

21 h. Lanzamento do foguete que anuncia o inicio das festas desde o Campo de Santo Antonio.

21 h. Inauguración da iluminación artística.

22 h. Rock'n Lemos Festival. No parque dos Condes os grupos monfortinos The Poet's Silence e Perpetual Twilight mais Bastards on Parade e Arizona Baby.

23 h. Concerto da Banda de Saxos de Redondela na praza de España.

Luns 12 de agosto

12 h. Sairá desde a praza de Santo Antonio o Grupo de Gaitas do Concello tocando alboradas de inicio de festa por diferentes rúas da cidade. Ás 13 h. xuntaranse cos Cabezudos.

12 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Os cómicos dell auto. A troupe de cómicos da Compañía de Teatro Ambulante Os cómicos dell auto, co seu impresionante vehículo, achegarán ao público unha serie de pezas teatrais inspiradas na tradición da Commedia dell'Arte. Sairá da praza da Estación e fará un percorrido polas rúas da cidade con diferentes paradas até rematar na rúa Cardeal ás 13 h.

20 h.  I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Os cómicos dell auto. Desde a praza de Carude a partir das 20 h. a Compañía de Teatro Ambulante Os cómicos dell auto realizará diferentes funcións cómicas coas que se irá achegando á rúa do Cardeal onde ás 21 h. rematará o seu espectáculo cunha representación cómica.

20,30 h. O grupo de pandeireteiras da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte desde a praza dos Chaos amenizará a tarde desta xornada festiva polo centro da cidade.

21 h. Festa-Baile. Dedicada aos maiores na praza de España co dúo musical Bandoneón.

22 h. Festa-Verbena. Na praza da Compañía coa actuación das orquestras espectáculo Gran Atlanta e Trébol.

Martes 13 de agosto

12 h. Sairá desde o barrio da Florida o Grupo de Gaitas do Concello tocando alboradas de inicio de festa por diferentes rúas da cidade.

12 h. A Banda de Música do Concello de Monforte xuntarase na praza da Estación e realizará un pasarrúas cara ao centro da cidade.

12 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Fitness. Polo centro urbano a partir das 12 h. representarase un happening. Desde o humor e a sutileza dunha clown muda e con certo aire de misterio ofrecerase polas rúas da cidade un retrato crítico de certos clixés construídos socialmente ao redor do universo feminino.

12.30 h. Desde a praza de Carude e até o centro urbano a Charanga Unión Monfortina animará este día de festa facendo un pasarrúas até as 14,30 h.

13 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Musicoloco. Na rúa do Cardeal ás 13 h. o Musicoloco poñerá en escena o seu espectáculo circense-musical Zapatóns, bucinas, campás, tixolas, tambores, pratos, chocas, rodas que xiran transportando vida e lembrándonos que entre o clown e o seu público o sorriso é o camiño máis curto.

20 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Fitness. Espectáculo itinerante no que unha pallasa percorrerá na súa bibicleta as rúas do centro da cidade desde as 20 h. facendo deporte en todas as súas variedades e achegando ao público situacións fóra da dinámica cotiá.

20,30 h. A Charanga Unión Monfortina amenizará a tarde desta xornada festiva polo centro da cidade cun pasarrúas que comezará no Campo de Santo Antonio.

21 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Musicoloco.
Na praza de España o Musicoloco daranos un sen fin de notas con harmonía propia. Cun carro e personaxe anacrónico chegado desdea  máis profunda inocencia excéntrica, a técnica e a beleza visual comparten escena en todo momento.

22 h. Verbena galega. Na praza da Compañía desde as 22 h. haberá cinco horas de música e baile coa esencia da festa tradicional e moderna a un tempo. Nesta Verbena Galega teremos música tradicional, pachanga galega con orquestras de baile e picadiscos.

23 h. Banda de música do Concello de Monforte na praza de España.

Mércores 14 de agosto

12 h. Saira desde a praza dos Chaos o Grupo de Gaitas do Concello tocando alboradas de inicio da festa por diferentes rúas da cidade.

12 h. Desde a praza da Estación percorrendo as rúas da cidade animará este día de festa o Grupo de Música Tradicional Os Teixeiras facendo un pasarrúas até as 14 h.

12 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Mago Migueliño. Na praza de España o Maga Migueliño realizará unha montaxe fresca e actual onde a maxia máis divertida se mestura coas técnicas máis clásicas para ofrecer un espectáculo diferente no que a participación do público vai mando o seu desenvolvemento.

13 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Ringo Rango. Na rúa do Cardeal desde as 13 h. o show de Ringo Rango faranos gozar dun espectáculo de circo, música e humor. Estas disciplinas nas que se moven os seus integrantes crean un arriscado exercicio cómico no límite do absurdo.

20 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Mago Migueliño. Na rúa do Cardeal desde as 20 h. o Mago Migueliño realizará un espectáculo de maxia onde as barallas se comen, os panos desaparecen, os aneis voan e incluso haberá un inexplicable número de escapismo.

20,30 h. O grupo de pandeireteiras da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte xuntarase na praza de Santo Antonio e amenizará a tarde desta xornada polo centro da cidade.

21 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Ringo Rango. Na praza de España ás 21 h. Ringo Rango realizará un espectáculo circense con moita música, humor e sketchs feitos con guitarra, batería, acordeóns, ritmos de balóns, pelotas de rebote, acrobacia, deportes…Será un cóctel impensable de tres amigos con personalidades opostas unidos para demostrar a bondade e saúde de ser un mesmo.

22 h. Festa Verbena. Na praza da Compañía coa actuación das orquestras espectáculo Compostela e Principal.

23 h. Concerto. Na praza de España da Banda de Música de Antas de Ulla.

Xoves 15 de agosto

9 h. Lanzamento de 21 bombas de palenque anunciando o Día Grande das Festas Patronais.

10 h. Día da Patroa. Na praza de Santo Antonio xuntaranse todas as persoas que queiran participar na Homenaxe á Patroa do Val de Lemos, a Virxe de Monserrat. Desde alí acompañarán ás autoridades que previamente se terán reunido no Salón de Plenos do Concello. A comitiva sairá acompañada pola Banda de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos. Todos eles farán a Ofrenda Floral á Virxe de Monserrat, Patroa da Cidade, na igrexa de San Vicente do Pino.

11 h. Misa e ofrenda floral á Virxe de Monserrat. Misa na honra da Virxe de Monserrat cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte. A saída actuará a Banda de gaitas do Concello de Monforte e o Alcalde, autoridades e asistentes ao acto farán a Ofrenda Floral á Virxe de Monserrat.

12,30 h.Concerto da Banda de Gaitas do Concello de Monforte na rúa Cardeal.

Día do Gaiteiro. O Concello de Monforte pretende no Día do Gaiteiro amosar e dignificar a riqueza cultural galega a través das súas diferentes expresións. Formacións como cuartetos, quintetos, cantos de cego e grupos de percusión populares amosarán a enorme variedade musical de estilos e instrumentos.

11 h. Sairán dende a praza de España Grupos de Gaiteiros por diferentes rúas da cidade facendo alboradas e rematarán no centro ás 13 h. Particparán:
  • Abelente. Cuarteto de Ourense.
  • O Cego da Veneira. Cantos de cego da Pobra do Brollón.
  • Merenzao. Quinteto de Monforte de Lemos.
  • Xarín. Quinteto do Incio.
  • Os Melidaos. Grupo de gaitas de Melide.
  • Os Alvariños. Quinteto de Monforte de Lemos.
  • Los Gallegos. Cuartetos de Guitiriz.
  • Emilio Lois. Gaiteiro solista da Baña.

13 h. Concentración dos grupos tradicionais no centro urbano de Monforte onde divulgarán as suas músicas até as 15 h.

20 h. Pasarrúas dos grupos participantes na Mostra de Danza e Música Tradicional desde o campo da Compañía até a praza de España.

20,30 h. Mostra de Danza e Música Tradicional na praza de España coa actuación de:
  • O Cego da Veneira da Pobra do Brollón.
  • Grupo de gaitas do Concello de Monforte.
  • Escola de danza tradicional do Concello de Monforte.
  • Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte.

22 h. Festa Verbena. Na praza da Compañía coa actuación das orquestras espectáculo Los Players e Delirio.

23,30 h. Barcas engalanadas. No malecón do río Cabe farase un percorrido de barcas tradicionais engalanadas. A actividade, a cargo do Club de Piragüismo Quixós, conta coa colaboración da Escola Municipal de Gaita e Percusión e da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte e ten como fin a recuperación desta fermosa tradición local. Ao remate do paseo verase desde o río a tirada de fogos de aire.

24 h. Fogos artificiais de aire desde o monte de San Vicente.

Venres 16 de agosto

12 h. Sairá da praza de Carude o Grupo de Gaitas do Concello facendo alboradas de inicio de festa por diferentes rúas da cidade e logo ás 13 h. xuntarase cos Cabezudos para o gozo dos máis pequenos.

12 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Don Gelati. Espectáculo de maxia na praza de España ás 12 h. Don Gelati sufrirá todo tipo de infortunios no seu camiño, que terá que arranxar con enxeño e algo de maxia para que os seus xeados non se derretan.

12,30 h. Desde a Florida e polo centro urbano animando este día a Charanga Unión Monfortina fará un pasarrúas até as 14,30 h.

13 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Pablo Superstar Cool. O clown, a maxia e o teatro do absurdo na rúa do Cardeal desde as 13 h. Pablo Superstar Cool representará un espectáculo que busca a risa a base de crear situacións imposibles de asimilar sen un nariz vermello no corazón.

20 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Don Gelati. Na rúa do Cardeal a partir das 20 h. representarase una comedia máxima ondee a expresión corporal substitúe as palabras e a comunicación do público é constante e dinámica. Don Gelati realiza una actuación de maxia de rúa cunha gran mobilidade.

20,30 h. A Charanga Unión Monfortina amenizará a tarde cun percorrido desde a praza de Estación até o centro da cidade.

21 h. I Festival Cómico-Festivo "A Rúa é vosa": Pablo Superstar Cool. Na praza de España, Pablo Superstar Cool realizará una lección maxistral de como debe comportarse un superstar no escenario creando situación tan absurdas como divertidas e interactivas co público.

22 h. Festa Verbena na praza de España coa actuación da orquestra espectáculo Los Trovadores e o do grupo Canela.