martes, 20 de agosto de 2013

Semana Náutica conoce el río en Tui

Do 19 ao 23 de agosto vaise celebrar en Tui a “Semana Náutica Coñece o teu río” organizada polo Club Náutico San Telmo, en colaboración co Concello de Tui e a empresa Arrepións.
 
Con esta Semana Náutica pretenden ofertar unha alternativa de actividades para mozos de 12 a 16 anos, ao través da cal coñezan a oferta de actividade de río que hai na cidade.
 
Semana Náutica Coñece o teu río celebrarase do 19 ao 23 de agosto dirixida a mozos de 12 a 16 anos que se poden inscribir ata o venres 16 de agosto naquelas actividades que lles interesen. A cota de participación por actividade é de 10€ e establécese un máximo de 40 persoas por actividade.  A inscrición debe facer nas oficinas do Club Náutico San Telmo de martes a domingo de 10 a 14h e de martes a sábado de 16 a 20h, pódese acadar máis información no 657 875 716.

Esta Semana Náutica comezará o luns 19 cunha actividade de rafting en Cequeliños-Barcela. O martes 20 realizarase kaiak polo en Caldelas, o mércores 21 descenso de augas bravas en kaiak en Barcela-Vide. O xoves 22 haberá un triatlón en Tui no que haberá unha actividade de orientación, natación e kaiak. Por último o venres 23 está previsto un bautismo de esquí náutico tamén en Tui. Todas as actividades serán pola mañá.