domingo, 8 de septiembre de 2013

Concurso de tapas Lugo 2013

Noveno concurso de tapas en Lugo 2013

Do 13 o 30 de setembro
 
As principais novidades desta edición son a oferta, por primeira vez, de tapas aptas para celíacos e que se poderá pagar en pesetas
 
A mellor tapa de Lugo será elexida polo público mediante votación
 
A 9ª edición do Concurso de Tapas de Lugo, que vaise celebrar do 13 ó 30 de setembro coa participación de 44 establecementos.
 
Carmen Basadre concelleira de cultura destacou que “ésta é unha actividade máis para o desenvolvemento turístico na nosa cidade que aproveita, neste caso, outro dos atractivos que ofrece Lugo, como é o da gastronomía”. A Concelleira expresou a súa satisfacción polos resultados da temporada turística de verán que está a piques de rematar. “En xullo e, sobre todo en agosto, Lugo estivo cheo de xente, a pesar da crise”, manifestou Basadre e informou de que case 15.000 persoas pasaron pola oficina turística do Concello o que coincide cos bos resultados dos que deu conta a Asociación de Hostalería.
 
A Concelleira de Cultura indicou tamén que “este ano fixemos un esforzo especial para manter animadas as rúas da cidade, coa celebración de distintos concertos e outro tipo de actos, como o cine na rúa ou as visitas guiadas”. Nestas actividades programadas durante o verán pola Concellería de Cultura participaron máis de 10.000 persoas, informou Carmen Basadre. Tamén destacou Basadre o elevado número de visitantes, 2.000 persoas, que xa puideron coñecer o templo de Mitra no mes e medio que levan abertos esta valiosa mostra do patrimonio arqueolóxico de Lugo.
 
Novidades do Concurso de Tapas
 
Nesta 9ª edición participarán dous establecementos máis que o ano pasado, segundo explicou Cheché Real, e haberá dous novidades destacadas xa que tres dos establecementos ofrecerán tapas aptas para persoas celíacas e, ademais, permitese a posibilidade de pagar en pesetas. Como en edicións anteriores, a tapa gañadora será elixida, mediante votación, polos clientes dos establecementos, e o público tamén dará os premios das categorías Marqués de Cernadas e tapa ecolóxica, ademais de seleccionar as dez tapas finalistas entre as que un Xurado profesional elexirá os gañadores nas modalidades de tapa creativa, tapa tradicional, maridaxe co viño da Ribeira Sacra e maridaxe coa cervexa Estrella de Galicia.
Os cupóns para participar nas votacións distribuiranse nos locais participantes e para poder emitir votos válidos será necesario visitar un mínimo de tres locais. Todas as persoas que participen nas votacións entrarán nun sorteo no que se repartirán distintos premios. O galardón máis importante será unha viaxe dunha semana para dúas persoas, ó que só poderán acceder as persoas que teñan selados os 44 cupóns. Tamén haberá outros premios como unha viaxe de fin de semana para dúas persoas a unha cidade europea, rutas en catamarán, catas en bodegas da Ribeira Sacra, circuítos termais, noites en hoteis, ceas en restaurantes e outros premios máis.
 
Participantes
 
A relación de establecementos participantes nesta edición do Concurso de tapas é a seguinte:
 
A Cantola, A Nosa Terra, A Rotonda, A Taberna do España, A Tu Salud, Abrente, Almacén de la Hamburguesa, Antas, Arrocería Os Cachivaches, Ave César, Campos, Canela Bakery Coffee, Casa D´Auga, Cervezoteca A Tinería, Curmáns, Darío, El Riba, España, La Barra, La Encina, Las Cinco Vigas, Manuel Manuel, Medievo, Mesón Colón, Mesón de Alberto, Minuetto, O Cantiño, O Ciencuenta e Seis, O Lar de Adrián, O Mercado Rotos e Cañas, Paprica, Parrillada Antonio, Parrillada Fonsagrada, Parrillada Fonsagrada-As Gándaras, Pasarela, Pazo de Orbán-Taberna 1769, Porta Santiago, Pulpería O Castelo, Royal Boundary, Savoy, Taberna Daniel, Tosar, Verruga e Xoldra
 
PARTICIPA E CONSIGUE OS TEUS PREMIOS
 
  • Viaxe dunha semana para dúas persoas

  • Viaxe de fin de semana para dúas persoas a unha cidade europea

  • Rutas en catamarán

  • Catas en bodegas da Ribeira Sacra

  • Circuítos termais

  • Noites en hoteis

  • Ceas en restaurantes

  • E moitas sorpresas máis


Horario de degustación: de 13.00 a 15.30 e de 20.00 a 22.30 horas.

Este horario mínimo é obrigatorio para todos os locais participantes, aínda que poderán amplialo

 WEB con toda la información, tapas y participantes: http://www.concursodetapasdelugo.com