jueves, 19 de septiembre de 2013

Feira oportunidades Redondela 2013

OS DÍAS 28 E 29 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR A FEIRA ANUAL DE OPORTUNIDADES DO COMERCIO DE REDONDELA.
Case medio centenar de comerciantes da localidade daranse cita nesta edición.

A Alameda de Redondela dará acollida os vindeiros días 28 e 29 de setembro a terceira edición Feira Anual de Oportunidades do comercio de Redondela. Os horarios da feira serán: o sábado de dez da mañá ata as dez da noite e o domingo de once a oito.
O número de establecementos comerciais que acoden a esta cita segue crecendo, nesta edición serán case medio centenar. Os sectores máis representativos son moda (roupa, calzado e complementos) destacando de forma significativa a moda infantil. A decoración e fogar e outro dos sectores que destaca polo número de establecementos participantes, pero realmente podemos atopar case de todo, libros, delicatessen, beleza, roupa e calzado laboral, decoración, reloxerías e xoiarías e unha ampla representación do sector de agasallo.
O carácter anual desta feira da a oportunidade á clientela de poder acceder a oferta dos comercios de todas as temporadas do ano.
Cabe destacar ademais da ampla oferta comercial, a oferta de ocio e actividades complementarias que a Feira de oportunidades propón ao público en xeral e, cunha especial atención, ao publico infantil: distintas áreas de xogos gratuítas para nenos deseñadas en función das distintas idades, un miniparque de atraccións feirais con descontos polas compara e unha gran área de ocio e descanso para pais con unha ampla oferta de entretemento multimedia.