miércoles, 18 de septiembre de 2013

Feria cerveza artesana Ourense 2013

Feira cervexa artesá Ourense
 
A primeira feira da cervexa artesá de OURENSE terá lugar os días 20, 21 e 22 de Setembro de 2013 na Avenida de Pontevedra (o lado da Alameda e a Praza Maior)

 
   Poderanse degustar case 100 tipos de cervexas artesás diferentes o longo dos tres días.
 
   Contaremos con cervexeiros artesáns vidos dende diferentes partes de España, destacando os galegos como son CERVEXA ANCORA (Ourense), CERVEXA MENDUIÑA ( Pontevedra), CERVEXA DAMA ALARICANA (OURENSE, Allariz), CERVEXA KELTIUS (Ourense) e CERVEXA O CORVO (Pontevedra, Rivadumia). Outras cervexeiras Españolas que participarán son: NAPARBIER (Pais Vasco), DOUGALLS ( Cantabria), GRUIT (Barcelona), LA CIBELES ( Madrid), BAYURA (Asturias), LA PETRA (Pamplona), SAGRAL (Toledo). A nivel internacional contaremos con CHIMAY (Bélxica), LINDEMANS (Bélxica), e MAGIC ROCK (Inglaterra). 
 
A feira da cervexa artesá ofrecerá o visitante unha gran variedade de actividades. Esta novedosa feira virá para quedarse dende o Venres 20 de Setembro ata o Domingo 22 de Setembro.
 
Será a ASOCIACIÓN GALEGA DE CERVEXEIROS ARTESANS os encargados de realizar este evento . A Asociación pretende dar a coñecer un producto artesanal por agora bastante descoñecido e profundizar na cultura desta bebida. Habilitaranse vinte stands de 3 por 3 situados na Avenida de Pontevedra (o lado da praza Maior e da Alameda), onde poder degustar as diferentes variedades de cervexa artesá .
 
A entrada á feira e totalmente gratuita pero para consumir hay que mercar o vaso oficial que ven acompañado dunha guía onde aparecen reflexados os nomes e as diferentes cervexas que participan no evento. Os visitantes que queran acceder pero non consumir poden facelo, o ser libre o acceso: o vaso da feira actúa como pasaporte para visitar os diferentes stands.
 
Colocaranse mesas e bancos o longo da rúa .
O Venres 20, as 18:00 horas será a inauguración do evento. As 22:00 horas será o concurso á etiqueta mais orixinal da feira. As 22:30 teremos o concerto de música o cargo do grupo “ BLUE MONK”. O Sábado 21, as 12:00 apertura da feira.
As 15:00 horas, curso de realización de cervexa artesá gratuito na tenda “el club de la birra” (rúa Pena Corneira,nº5), previa inscripción en : elclubdelabirra@hotmail.com. (máximo 20 participantes). As 21:00 horas concurso da mellor cervexa artesá da feira.
As 22:30 horas concertó de música o cargo de grupo “ LOS DEL BARRO”.
O Domingo 22 de Setembro, as 12:00 horas apertura da feira.
As 12:30 horas, charla do Sr. David Castro fundador da cervexa artesá “LA CIBELES” (Madrid) en el club de la birra (rúa Pena Corneira, nº5). As 15:00 horas, curso de realización de cervexa artesá gratuito na tenda “el club de la birra” (rúa Pena Corneira,nº5), previa inscripción en : elclubdelabirra@hotmail.com. (máximo 20 participantes).
As 23:00 horas clausura da feira da cervexa artesá. A feira vaise realizar na Avenida de Pontevedra. Os horarios serán o Venres 20 de Setembro dende as 18:00 ata la 1:30 da madrugada; o Sábado 21 de 12:00 do mediodía a 1:30 da madrugada e o Domigo 22 de 12:00 da mañá as 23:00 horas