lunes, 23 de septiembre de 2013

Hoy Festivo local Porriño festas 2013

Luns 23 festivo local en Porriño: Programa de fiestas 2013
A semana iníciase cun día grande, festividad local. Ás 09.00, 10.00, 11.00 e 12.00 horas se oficiarán as misas de Campaña na Capela do Cristo acompañada polo Grupo Parroquial e a continuación tocará a Banda de Música Municipal de Redondela, que volverá actuar ás 20.00 horas no Parque do Cristo.
Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, haberá animación de rúa, hora na que tamén dará comezo o III Torneo de Pádel Festas do Cristo, no polideportivo municipal, que se prolongará durante toda a semana. Ás 19.00 horas disputarase o Trofeo de Fútbol JJ Gradín no Complexo Deportivo do Lourambal, será un triangular entre o Porriño Industrial, o Celta B e o Coruxo.
Entrada a noite, ás 20.45 horas o cómico e humorista Víctor Grande ofrecerá un monólogo na praza Arquitecto Antonio Palacios e a partir das 22.00 horas gran verbena coas orquestas Pontevedra e Paris de Noia.