domingo, 1 de septiembre de 2013

Ruta de tapas en Bueu 2013

Segunda ruta de tapas en Bueu a celebrar co Festival Internacional de Curtametraxes

Dende o día 2 de setembro e ata o 8, ambos os dous incluídos o Concello de Bueu organiza a 2ª convocatoria da ruta de tapas que se desenvolverá paralelamente á celebración do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC).
Nesta segunda convocatoria participan 14 establecementos da localidade con diferentes propostas de tapas, todas elaboradas con produtos do mar, xa que o que se pretende é fomentar o consumo dos produtos locais procedentes da pesca.
Como novidade desta convocatoria destacamos a posibilidade de participar no sorteo dunha tablet entre todos aqueles participantes que acodan, alomenos, a 10 establecementos da ruta. Para poder participar, cada persoa selará no establecemento no que deguste a tapa o seu folleto participativo que deberá depositar logo na furna correspondente na oficina de turismo ata como máximo o luns, 9 de setembro.
As tapas, igual que na convocatoria anterior, terán un prezo de 1,50 euros