viernes, 27 de septiembre de 2013

Visita guiada gratuita hoy Ourense Día Mundial del Turismo

A Concellería de Turismo do Concello de Ourense súmase á conmemoración do Día Mundial do Turismo este venres, día 27 de setembro, coa organización de dúas visitas guiadas de carácter gratuíto.
A programación da iniciativa é a seguinte:
10.30 horas. Visita guiada gratuíta diurna.
- Punto de encontro: Explanada das Burgas.
- Percorrido: Centro de Interpretación das Burgas, Praza Maior, Catedral (subida á Torre das Campas e ao Museo Catedralicio), Santa Eufemia, Banco de España e Parque de San Lázaro.
20.30. Visita guiada gratuíta nocturna.
- Punto de encontro: Claustro de San Francisco.
- Percorrido: Catedral, a Praza Maior, o Liceo, o Edificio Simeón e Praza do Ferro.