domingo, 6 de octubre de 2013

Curso de cocina en Vimianzo con Abastos 2.0

“Do mar á terra” e Abastos 2.0 suman esforzos para animar aos hostaleiros de Vimianzo a poñer en valor a materia prima da súa cociña
 
Maña luns 7 de outubro os cociñeiros do restaurante compostelán Abastos 2.0, impartirán o curso “Cociña miúda e Km Cero” en Casa Sabina, Vimianzo.
 
Con esta actividade formativa, o proxecto europeo “Do mar á terra”, pretende que os hostaleiros de Vimianzo aprendan a transmitir aos seus clientes a calidade da materia prima empregada na súa cociña, principalmente o peixe.
 
Vimianzo acollerá unha nova actividade formativa do proxecto “Do mar á terra”. Nesta ocasión os empresarios do sector hostaleiro da zona recibirán aos cociñeiros do espazo gastronómico Abastos 2.0, de Santiago de Compostela, para impartir a xornada “Cociña miúda e Km Cero”.
 
Os chefs do restaurante santiagués intentarán transmitir aos hostaleiros un xeito de traballar os pratos centrado na materia prima, neste caso o peixe, recurso que poden enxalzar e poñer en valor sen grandes transformacións. Unha filosofía e unha maneira de traballar a cociña que segue o local compostelán e que tanto éxito lles está a reportar. Ademais, baseándose na súa propia experiencia, propoñerán aos hostaleiros que esa calidade lla transmitan aos seus clientes cos seus pratos habituais e cos que ofrezan nos menús castrexo e medieval nos que están a traballar, xa que estes serán prescriptores da gastronomía vimiancesa.
 
  Os empresarios de Vimianzo coñecerán estas claves:
 
DATA: Luns 7 de outubro
HORA: 17.00 horas do 7 de outubro no
LUGAR: Restaurante Casa Sabina, rúa Blanco Rajoy, 25 (Vimianzo).
 
Con esta xa serán oito as actividades formativas para hostaleiros organizadas polo proxecto “Vimianzo. Do mar á terra”, ademais de dous viaxes de achegamento a proxectos turísticos en Laxe e Arousa. Un calendario de cursos cos que se pretende crear unha rede profesional enfocada a traballar conxuntamente na mellora continua, promoción e dinamización do sector turístico muxián. Outras das accións que leva a cabo de “Do mar á terra” son o I Concurso de Artigos Xornalísticos sobre Arqueogastronomía Concello de Vimianzo, outro concurso que premiará vídeos gravados co móbil, que se convocará ao longo do mes, e a charla “O mundo do mar para os nenos”, levado a cabo coa colaboración da Confraría de pescadores de Laxe, onte xoves 3 de outubro na Casa da Cultura de Vimianzo.
 
“DO MAR Á TERRA” A iniciativa “Do mar á terra” é unha iniciativa promovida polo Concello de Vimianzo e financiada polos fondos europeos do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte, Gac3, que busca a valorización dos produtos do mar como recurso turístico a través da gastronomía.