viernes, 4 de octubre de 2013

Festival Fitness Pontevedra

A praza da Ferrería acolle hoxe venres, día 4, unha xornada de portas abertas pensada para toda a familia e organizada pola empresa concesionaria do centro deportivo de Campolongo. A oferta consiste nun amplo abano de actividades gratuítas para pasar a tarde facendo deporte.
Por primeira vez o Festival de Fitness sae das instalacións das piscinas para ofrecerse en plena praza da Ferrería. Tan só en caso de choiva buscaría acubillo no centro deportivo de Campolongo.
O evento foi presentado hoxe polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e o director do complexo deportivo, Roberto Cancelas. Para participar non é preciso apuntarse. Basta con acudir, preferentemente, con roupa deportiva. Comeza ás 17 horas e continuará ata as 21 horas cun feixe de propostas, organizadas en módulos de 40 minutos de duración.