domingo, 10 de noviembre de 2013

Cen anos de arte en Galicia no Centro cultural de Pontevedra

A Fundación Novacaixagalicia presenta en Pontevedra cen anos de arte en Galicia

  • Novagalicia Banco colabora coa cesión de parte dos fondos que conforman a exposición
  • «Da fantasía á realidade. Pintura en Galicia de 1833 a 1936» é o título da mostra


A Fundación Novacaixagalicia presenta maña luns, 11 de novembro, ás 11:30 h, nun encontro cos medios de comunicación o proxecto expositivo que acollerá o seu Centro Cultural de Pontevedra e que leva por título « Da fantasía á realidade. Pintura en Galicia de 1833 a 1936 ». A encargada de presentar a mostra será Paloma Vela, directora de artes plásticas da Fundación Novacaixagalicia.
A exposición, realizada coa colaboración de Novagalicia Banco a través da cesión dos seus fondos, ficará aberta ao público ata o día 2 de febreiro e poderá ser visitada en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30h. e sábados de 11.00 a 14.00 h. e de 17.30 a 20.30h.
 
A Fundación Novacaixagalicia, entidade herdeira da obra social e cultural das caixas de aforros, ten entre os seus obxectivos fundacionais o fortalecemento do tecido social galego, o fomento do emprego e a difusión da cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións. Logo de se adaptar ao actual contexto socioeconómico que a situou perante novos sistemas de xestión, a entidade continúa a traballar a prol dos seus propósitos fundacionais e primixenios, porque segue a ser consciente de que o fortalecemento do sector social e cultural é fundamental para o avance de Galicia.