domingo, 22 de diciembre de 2013

Actividades de Nadal en Arteixo

Nadal en Arteixo. Festivales, cine e Reis Magos 2013 2014

O venres, 20 de decembro ás 20:30 h tivo lugar o Festival de Nadal no Auditorio de Arteixo protagonizado polas alumnas da Escola de Ballet Cinderella. A súa directora, Elena Parada, organiza este acto para celebrar a chegada deste festexo tradicional e para mostrar os coñecementos, a técnica e as dotes que as cativas van adquirindo nesta modalidade artística. Para asistir ao acto cómpre consultar na escola de danza (Travesía de Arteixo, 230).
 
 
O venres 27 de decembro representarase no Auditorio de Arteixo un espectáculo de danza dirixido a un público infantil (de 4 a 12 anos) Cenicienta y las zapatillas de cristal ás 20:30 h á cargo da compañía madrileña Luna Teatro y Danza. Esta obra foi galardoada co Premio FETEN 2012 pola súa orixinal adaptación a un conto clásico. Venda de entradas (4 e 3€) dende o 23 en horario de 9:00 a 14:00 h ou 1 h antes da función.
Dúas bailarinas dramatizan con danzas, zapatos, chapeus, vestidos, monicreques e outros obxectos o conto clásico de Perrault.
Cincenta é unha moza orfa que se ve obrigada a ser a serventa da súa madrasta e medias irmás. Un día chega unha invitación para unha gran festa que ofrecerá o Príncipe. Cincenta ve unha oportunidade de ser capaz de sentir como as outras mozas da súa idade. Coa axuda máxica da súa fada madriña pode ir ao baile. Ás doce da noite a maxia termina e Cincenta debe de abandonar precipitadamente a festa. Na súa fuxida perde unha zapatilla de cristal. O príncipe, que se namorou dela, comeza a buscala por todo o mundo, probando a zapatilla a todas as doncelas casadeiras. Despois de descubrir que a zapatilla pertence a Cincenta, ela é levada ao castelo, onde casa co príncipe e viven felices para sempre.
O sábado 28 de decembro ás 20:30 h teremos a Brath en concerto no Auditorio presentando o seu novo disco Códex.
 
Dende os seus inicios BRATH foi mesturando a música celta co rock, o pop, o bossa, a música africana, a árabe, ...
Os temas que re collen en Codex, non só se mesturan co flamenco, se non que se funden nun intenso abrazo de ritmos, dando como resultado unha simbiose nunca antes conseguida. As melodías e ritmos celtas camiñan da man cos do flamenco, dunha forma natural e fluída, sen perder ningunha das dúas os seus sinais de identidade. Para chegar a este grao de comuñón, Eloi Caldeiro, compositor, voz e batería do grupo, incorporou á banda a Alberto Lucena, guitarrista andaluz que atesoura todo o meigallo do mundo flamenco.
Con este novo paso BRATH convértese nun dos grupos lideres na fusión e a mestizaxe. As letras do disco están escritas por Caldeiro, que ademais de músico é poeta e letrista. Nelas descríbense os distintos camiños polos que os viaxeiros chegaban os confíns do mundo, para ver como o sol se afundía no mar.
Este último traballo da banda fala das lendas destas terras da fin do mundo que para os pobos antigos se encontraba en Galicia, no extremo máis occidental do mundo en Fisterra, o fin da terra.
As entradas (6 e 4,50 €) poranse á venda dende o 23 ata o 27 de decembro en horario de 9:00 a 14:00 h ou 1 h antes da función.
O venres 3 de xaneiro proxectarase a película de animación infantil Ice age 4 (a Era do xeo 4: a formación dos continentes) no Auditorio de Arteixo ás 20:00 h. Para asistir cómpre recoller as invitacións os días 2 e 3 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 h ou 1 h antes da proxección.
A tola persecución de Scrat pola súa escorregadiza landra dende o principio dos tempos, ten consecuencias que cambiarán o mundo: un cataclismo continental que desencadeará a maior das aventuras para Manny, Diego e Sid. No medio destas axitacións, Sid reencóntrase coa súa Avoíña Gruñona e a manada tropeza cunha estraña cuadrilla de piratas de mar a fóra decididos a impedirlles o seu regreso á casa.
Para rematar as Súas Maxestades os Reis Magos comezarán as visitas polas distintas parroquias e lugares de Arteixo o xoves 2 de xaneiro e rematarán o domingo 5 coa Gran Cabalgata de Arteixo, que coa súa extensa comitiva, percorrerán as principais rúas de Arteixo ás 19:00 h e finalizará coa realización da recepción real no Pazo dos Deportes. Os lugares que se visitarán son os que seguen a continuación:
 
2 DE XANEIRO
3 DE XANEIRO
4 DE XANEIRO
17:45 h-Loureda
17:30 h- Suevos
17:30 h- Vilarrodís
18:30 h- Lañas
17:30 h- Barrañán
17:30 h- Roxiñas, Estación, Souto, Freán e Uxes
19:15 h- Armentón
18:15 h- Rañobre
18:15 h- Urbanización Sol e Mar
20:00 h- Larín
18:15 h- Chamín-Sorrizo
19:00 h- Pastoriza
 
19:00 h- Monteagudo
19:45 h- Meicende
19:15 h- O Rañal
 
19:30 h- A Cachada
20:15 h- Alto de Arteixo