miércoles, 11 de diciembre de 2013

Mercado solidario en las calles de Vigo por Navidad

El alcalde Caballero invita a toda a cidade a realizar as compras do Nadal no mercado de "De Boa Man"
Dez asociacións de persoas con discapacidade ofertan desde hoxe ata o venres 13 productos elaborados polos propios usuarios no mercado de "De boa man". O rexedor visitou hoxe as carpas de Príncipe e animou a todo Vigo a apoioar este proxecto de comercio alternativo e solidario.
Abel Caballero achegouse hoxe á rúa Príncipe para visitar as carpas do mercado de "De boa man", unha vez que Concello e Centro Príncipe volven colaborar neste proxecto dirixido á integración social e laboral das persoas con discapacidade. En declaracións aos medios de comunicaición, o alcalde explicou que o obxectivo é que os productos elaborados polos propios discapacitados "formen parte central das compras de Nadal dos vigueses". Ademais de involucrar a toda a sociedade sobre a necesidade de integración, dixo, ofrécese un mercado "alternativo e solidario".
As carpas instaladas no comezo da rúa Príncipe estarán abertas durante toda esta semana en horario ininterrumpido entre as 10,00 e as 20,00 horas. Este ano as entidades participantes son: ASEM, DOA, APAMP, ASPANAEX, SAN RAFAEL, FUNDACIÓN MENELA, ALENTO, ASPAVI, FAMFIP-COGAMI E REHABILITACIÓN-REBULLÓN